Noticias

Reacciones políticas en Galicia al debate del 13J: la oposición critica la actitud de Rajoy y Feijóo alabó su humildad y conciencia de las dificultades

En Marea destaca la "voluntad" de Unidos Podemos, el PSdeG cree que Rajoy es el gran derrotado y el BNG pide un debate de sus líderes en Galicia. Núñez Feijóo destacó la actuación del candidato de su partido, Mariano Rajoy, durante el debate electoral a cuatro del 13J, valorando a su líder como "un gallego humilde consciente de las dificultades" y pide el voto para los que "se mojan" por España.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu o voto responsable para aqueles que se mollan por España e son garantía de esperanza, porque hoxe hai máis esperanza que hai catro anos, fronte a aqueles que, por vagancia ou inoperancia, nunca chegarán a nada e só son garantía de frustración, porque hoxe hai máis frustración alá onde gobernan.

Así se expresaba o líder dos populares galegos nun encontro sobre economía e emprego organizado na capital coruñesa, onde asistiu acompañado do candidato ao Congreso pola provincia da Coruña, Miguel Lorenzo, e polo presidente provincial, Diego Calvo.

Como lembrou Feijóo, só hai dúas alternativas: un goberno presidido pola maioría das persoas que apostan por unha política rigorosa, realista e responsable; ou un Goberno secuestrado polas minorías e incapaz de evitar una nova frustración na cidadanía.

Máis polo miúdo, o presidente do PPdeG analizou as dúas opcións e, sobre a primeira, lembrou que, entre a España na que crecía o paro máis que en ningún sitio de Europa e a España de hoxe, que é a que máis crece na Unión, o que pasou é que houbo un novo Goberno que fixo posible o cambio de ciclo. “Traballamos a favor de España, contra a presión de Europa e contra a presión da oposición”, subliñou.

Segundo engadiu, o balance do Goberno do PP en España resúmese en máis emprego, crecemento económico, menos impostos, máis esperanza, máis credibilidade internacional e pensións garantidas.

No que atinxe á xestión do PPdeG na comunidade, Feijóo destacou que, como en Galicia hai estabilidade, a economía vai medrar máis do previsto (ata un 2,8%) e máis que en España (2,7%), e tamén o paro vai reducirse algo máis do estimado inicialmente (ata o 17%).

Do mesmo xeito, o líder do PPdeG destacou que Galicia logrou novos proxectos para os sectores estratéxicos e abriuse a novos sectores. Ademais, puxo en valor o progreso e as axudas aos emprendedores, que poden producir máis, innovar máis e exportar máis, tal e como indican os indicadores macroeconómicos.

Do mesmo xeito, lembrou que a recadación fiscal en Galicia é a terceira máis alta en España no que vai de ano e que foi quen de aprobar uns orzamentos autonómicos para o 2016 que baixan e mesmo eliminan impostos e manteñen o esforzo para que Galicia poida seguir sendo a comunidade que máis inviste en toda España.

Ademais, grazas á responsabilidade do Goberno galego cos obxectivos do déficit nos últimos anos, Galicia conta hoxe cun superávit de responsabilidade que fai posible destinar 50 millóns aos nenos e aos mozos, 60 á sanidade pública e a axudas para as vivendas das familias, case 30 a actuacións de dinamización do emprego, e preto de 20 ao medio rural.

Por outra banda, como nesta comunidade non hai bloqueo nin parálise nin aventuras estériles como noutras autonomías, Galicia non ten nada que envexar de ningún outro lugar do Estado, mentres que España ten moitas cousas que imitar desta terra.

Con respecto á outra alternativa, a de reproducir a nivel estatal os pactos que permitiron a Podemos mandar en distintas corporacións locais e parlamentos autonómicos no último ano, Feijóo lamentou as consecuencias dos mesmos. Por exemplo, lembrou que nalgúns lugares os orzamentos locais aprobáronse con retraso e non se poderán executar ou, directamente, non se aprobaron como no caso de Ferrol.

Nesta liña, citou outras promesas incumpridas, como o rigor nas contas ou a estabilidade, cando o único estable que lograron son as pelexas continuas co PSOE; ou facer política para a xente, cando gastan máis recursos en aproveitar actos públicos para convertelos en mitins.

O líder dos populares galegos fixo balance doutros fracasos destas formacións e lamentou que, por exemplo, na Coruña esta será a primeira vez en 10 anos que os mozos non van poder disfrutar do Programa de Becas USA; que en Ferrol se incrementase o tempo de espera para as axudas de emerxencia social; ou que en Santiago se reducisen as axudas para Cáritas ou para o Proxecto Home ou se lle retirase ao Banco de Alimentos.

Segundo concluíu Feijóo, non teñen proxecto nin rumbo e serán recordados como aqueles que o prometeron absolutamente todo e que, cando tiveron a súa oportunidade, non fixeron absolutamente nada. Neste senso, asegurou que “hai algo moito peor que executar nun país un proxecto equivocado, e é dicirlle a xente que es capaz de calquera cousa cando despois, non sabes ou non podes facer nada”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

A #RutaEnMarea estacionou á beira do mar de Sada, nun acto presentado pola concelleira de Sada Maioría, Zeltia García, e no que interviron os candidatos e candidatas de En Marea Antón Gómez-Reino (n.1 ao Congreso pola Coruña), Yolanda Díaz (n.2 ao Congreso pola Coruña), Rubén Pérez Sueiras (n.4 ao Congreso pola Coruña), Loreto Taibo (n.8 ao Congreso pola Coruña) acompañadas do alcalde de Sada, Benito Portela e do vicevoceiro de AGE no Parlamento Galego, Antón Sánchez.

Antón Gómez-Reino, cabeza de lista ó Congreso pola Coruña, comparou a En Marea “cun tempo primaveral que hai que ir quentando e por iso abriremos un tempo para que o que queira poida participar e preguntar o que queiran.” E pediu un aplauso “para os gobernos do cambio que, coma a Marea Atlántica, hoxe están aprobando as rendas sociais. Necesitamos gobernos que fagan o que están xa facendo, demostrando que hai alternativa. Imos gañar.” Gómez-Reino amosouse convencido de que o 26X En Marea mellorará os seus resultados. “En decembro dicían que imos ter bo resultado e o tivemos, agora que será mellor. Pero non podemos deixar ningún voto que quede por aí, é un momento histórico. Xogámonos o futuro dunha xeración, dunha sociedad, o mundo que queremos construír para os vindeiros 15-20 anos entre todos e todas.

Acabouse o tempo da austeridade, do medo. E lle dicimos a Feijóo, xa que di que somos os que imos a acabar coas pensións na súa estratexia do medo. Dicímolle sodes uns sen vergonza, vos que afogastes as pensións, cos servizos públicos, non volo imos permitir. Apostamos por un modelo e unha sociedade oposta totalmente á do PP. Acabemos co deputado naranjito e consigamos que entre Xaime Subiela pola Coruña e que por Pontevedra entre Josué. Non deixemos escapar un so voto. Sigamos construíndo a unidade, Galicia é a vangarda do cambio do Estad e imos seguir demostrándoo. Saímos a gañar e imos a gañar.”

Para Yolanda Díaz, “Galicia foi a primeira en dicirlles ao resto do Estado que hai outro xeito de facer as cousas. Por primeirar vez o pobo galego non vai dar o sorpaso ao PSOE, eso xa o fixemos en decembro, imos facer o sorpaso ao PP. Perseguen aos pequeno e deixan que Rato e Blesa e todos os sen vergonza que nos roubaron se pasen en iates por este país. Estas eleccións son historicas porque vai gañar a xente, porque o que está en xogo é a democracia. Unha de cada tres persoas vive sen protección social, vivimos rodeados de persoas que acceden ao mercado de traballo pero son pobres. Imos gañar esta batalla e imos dicirlle que xuntas somos poderosísimas.

A democrácia economica comeza por evitar os paraísos fiscais, amnistias fiscais depurar responsabilildades penais. Son recursos de todos e todas nos e teñen que estar aquí para ter por exemplo educación pública, garantir que non haxa xente que quede sen acceso a farmacos, unha lei de dependencia que se aplique no pobo galego, un país no que as mulleres gañemos o mesmo que os homes unha lei que garanta a igualdade salarial. Que haxa permisos parentais obrigatorios e intransferibles, para realmente permitir a incorporación das mulleres. Defenderemos unha banca pública, vivimos unha grande estafa con Caixa Galicia, Bankia… para cambiar modelo produtivo necesitamos banca pública. E sobre todo necesitamos xente con moitisimo corazón, con alegría que é imprescindible e imparable para cambiar o mundo. Non é unha campaña maís, loitamos contra os naranjitos o escano de Xubiela, eses que din que a súa preocupación é acabar coa nosa lingua. Non imos pactar con C’s senón coa xente, coas Ong, co sindicatos de clase. Imos a estas eleccións a defender a vida, a vida da miña Carmela, das vosas carmelas.”

R., 2016-06-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (medio-ambiente.jpg) A Xunta pon en marcha a Rede local polo clima para consolidar Galicia como unha comunidade resiliente tras reducir as súas emisións nun 60% desde 1990, segundo explicou a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, durante a xornada de presentación desta iniciativa. A conselleira salientou que 'somos a Comunidade na que máis descenderon as emisións netas de gases de efecto invernadoiro (33%) desde 1990 e a segunda no que se refire ás brutas (59,8%)'.
Foto de la tercera plana (20240515-uvigo.jpg) Trinta especialistas en bioimpresión 3D impartirán un curso sobre esta tecnoloxía en Santiago entre o 18 e o 21 de xuño no marco do consorcio europeo Ibero+, unha iniciativa liderada desde a UVigo e que reúne os esforzos de máis de 150 investigadores da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal no campo da biofabricación para o envellecemento saudable. O obxectivo do curso, organizado neste caso pola USC e a Universidad Carlos III de Madrid, é dar a coñecer as diferentes técnicas da bioimpresión e as súas aplicacións biomédicas entre públicos moi diversos.

Notas

Organizado pola Cooperativa Performa (Mónica Maneiro Jurjo e Iñaki Martínez Antelo), Plataforma. Festival de artes performativas celebrará a súa quinta edición en múltiples localizacións de Santiago de Compostela entre o 16 e o 25 deste mes de maio. Trátase dunha cita anual ineludible para os amantes da cultura e as artes, achegando diversos públicos coa súa proposta interdisciplinar.
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra están a desenvolver a quinta edición do “Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos”. Trátase dunha actividade gratuíta destinada a espertar o interese do gran público sobre temas de actualidade científica con repercusión social, impulsando ademais o labor investigador que se leva a cabo en Galicia.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES