
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de CC.OO. en Galicia:
O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) inicia unha campaña para denunciar a precariedade no mercado laboral galego. A secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza, e o secretario confederal de Acción Sindical, Ramón Górriz, alertaron das «intolerables» cifras de precariedade que padece o noso país, de aí que se poñan en marcha diversas iniativas para a combater. Din que o 31 % das persoas asalariadas cobra menos do salario mínimo. A porcentaxe de accidentes de traballo é case o dobre entre as persoas con contratos temporais.
Precisamente, para «reforzar» os argumentos desta campaña, CCOO presentouna xunto co número 21 dos Cadernos do Sindicato Nacional, titulado A precariedade no mercado laboral galego. Este detallado estudo dá conta da deterioración das condicións laborais e de vida da clase traballadora por mor da crise e das reformas laborais do 2010 e do 2012.
Bouza explicou que o 31 % das galegas e galegos asalariados cobra por baixo do salario mínimo interprofesional (SMI) e que a precariedade está «intimamemente ligada» á sinistralidade: a porcentaxe de accidentes de traballo é case o dobre nas persoas con contratos temporais ca nas contratadas de xeito indefinido (2,4 % fronte ao 4,5 %). As mulleres e os menores de 30 anos son os colectivos «que teñen máis papeletas» para ocuparen un posto de traballo a tempo parcial, sinalou a sindicalista: o 22,1 % das mulleres e o 23,9 % das persoas de 16 a 29 anos.
A xornada parcial é unha mostra da precariedade laboral porque no 62,7 % dos casos non responde a un desexo dos traballadoras e traballadoras só nove de cada cen afirmaron buscar ese tipo de xornada. Xunto á parcialidade, a precariedade é outra característica do mercado laboral galego: o 91 % dos contratos rexistrados no primeiro trimestre de 2016 son temporais; deles, o 31 % teñen unha duración inferior á semana e, dentro deste grupo, o 37 % son a tempo parcial.
Contratación temporal, a xornada parcial, mal pagada, pero tamén con horas extraordinarias non remuneradas, denunciou Bouza: no primeiro trimestre de 2016 realizáronse 329.300 horas extraordinarias e as non remuneradas alcanzaban o 55 % do total.
CCOO propón varias medidas para reducir a precariedade no mercado laboral galego. En primeiro lugar, o sindicato pide habilitar os mecanismos necesarios para que a contratación indefinida sexa «a forma ordinaria de acceso ao emprego» actualmente éo en menos do 10 % dos casos, penalizando os contratos precarios. O sindicato tamén propón a reordenación do réxime xurídico do despedimento, reforzando a necesidade de xustificar as causas.
O sindicato tamén pide eliminar os supostos en que a empresa pode modificar unilateralmente as condicións de traballo, revisar as bonificacións á contratación, modificar integramente o réxime do contrato a tempo parcial, revisar a regulación dos contratos formativos, mellorar a xestión do FOGASA e dos servizos públicos de emprego, refacer o Programa de garantía xuvenil e garantir a seguridade xurídica nos procesos de descentralización produtiva e fortalecer a negociación colectiva, entre outras medidas.
Con esta campaña, CCOO quere animar os traballadores e traballadoras galegas a denunciaren situacións de precariedade. Para iso habilitou o enderezo electrónico [email protected], onde se poderá informar de xeito confidencial e seguro sobre estas situacións.
Fotografías: Gabinete de Comunicación de CC.OO. en Galicia
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.