Noticias

El PSdeG pide más información sobre el futuro de las plantas de Alcoa en A Coruña y San Cibrao

Xoaquín Fernández Leiceaga, el candidato del PSdeG a la Presidencia de la Xunta, tras su reunión con el comité de empresa, reclamó públicamente más información sobre "el futuro de Alcoa" en sus plantas de A Coruña y San Cibrao, en Cervo (Lugo). Leiceaga insiste en que es necesario "mejorar" el funcionamiento del mercado energético y la implicación pública permanente para "favorecer su competitividad".

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, esixiu “moita máis información” sobre o futuro de Alcoa, “non pode haber este velo de silencio” arredor dunha industria tan importante para Lugo, A Coruña e o conxunto de Galicia.

Leiceaga visitou a fábrica de Alcoa en San Cibrao e mantivo unha reunión cos traballadores do comité de empresa, xunto coa presidenta da xestora e candidata ao Congreso Pilar Cancela; o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos; os cabezas de lista ao Congreso e o Senado na provincia de Lugo, Margarita Pérez Herráiz e Ricardo Varela, e representantes e alcaldes do partido na comarca.

“Escoitamos as explicacións do comité e estamos dacordo con eles na necesidade de ter unha maior información, falamos de 1.600 empregos directos entre San Cibrao e A Coruña, está en xogo o futuro dunha industria moi importante para o PIB galego que sempre contou cunha implicación pública permanente”, manifestou.

“Falamos tamén cos traballadores da importancia de contar cun control e unha supervisión adecuada do que está pasando”, engadiu Leiceaga. “O custo da enerxía é outro tema fundamental, é importante que os custos de subministro se reduzan”, dixo o candidato do PSdeG, que considera necesario “garantir a unidade do complexo”.

Fotografía: web PSdeG

R., 2016-06-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES