
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia aceptou a proposta da Comisión Xestora do PSdeG de nomear á deputada pontevedresa Patricia Vilán como portavoz, logo da renuncia de José Luis Méndez Romeu. A portavoz socialista subliñou que o noso obxectivo é gañar as eleccións e os nosos adversarios son o PP e Núñez Feijóo.
Patricia Vilán ofreceu unhas declaracións aos medios de comunicación, inmediatamente despois de ter sido nomeada, nas que agradeceu en primeiro lugar a José Luis Méndez Romeu o seu traballo como portavoz, así como aos membros da dirección do Grupo. Agradeceu tamén a súa proposta como portavoz, que foi trasladada pola presidenta da Comisión Xestora, Pilar Cancela, e que teño aceptado de maneira grata.
Agradeceu a confianza do partido e anunciou que en breve proporalle ao Grupo Parlamentario o nomeamento do resto dos membros da Comisión Permanente. Vilán propuxo hoxe ao deputado coruñés Emilio Vázquez como viceportavoz primeiro e a deputada ourensá Noela Blanco viceportavoz segunda, unha proposta respaldada polo Grupo.
A portavoz do Grupo Socialista sinalou que tódolos membros do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia somos protagonistas na súa medida, todos facemos o noso traballo moi ben feito e sinalou que tocoume entrar como última no Hemiciclo e fareino exactamente igual diante que detrás.
A presidenta da Comisión Xestora, Pilar Cancela, explicou que a proposta de Vilán responde a que se trata dunha muller tremendamente forte, capaz e con valores socialistas moi afianzados. Explicou que o nomeamento deriva da dimisión, onte, do anterior portavoz, e transmite certa identidade do candidato co equipo que dirixa o Grupo Parlamentario.
Subliñou a intención da nova portavoz de integrar aos diferentes membros do Grupo para constituír un equipo tremendamente compacto e que non se trata de identificalos cunha ou outra corrente. Advertiu que se trata da primeira muller portavoz do Grupo Socialista porque, dixo, somos consecuentes cos nosos principios e coa loita pola igualdade.
Fotografía: Gabinete de Comunicación del PSdeG
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.