
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:
O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou que a Comunidade galega está blindada este ano contra a existencia de novos recortes porque hai marxe logo de ter cumprido o obxectivo de déficit nos últimos anos. Respecto do primeiro aniversario dos novos gobernos municipais, Puy manifestou que as improvisacións e as minorías que se creen con capacidade de gobernar como se tivesen maioría están a dar peores resultados que os gobernos que se basean nunha maioría estable e cun programa de goberno que poden aprobar e levar á práctica.
Na comparecencia ante os medios de comunicación logo da reunión do Grupo Parlamentario para preparar o Pleno, Pedro Puy salientou que levamos iniciativas de desenvolvemento económico e propostas e debates sobre actuacións futuras no ámbito da protección social de quen máis o precisa como consecuencia da crise.
Dentro do ámbito económico, o portavoz popular destacou a comparecencia da conselleira do Mar e a proposición non de lei do Grupo Popular sobre o futuro do sector pesqueiro, así como a proposición non de lei sobre a autovía do Morrazo para que no presente ano estean en execución os dous primeiros tramos, así como a licitación do terceiro.
No ámbito social, Puy destacou a comparecencia do conselleiro de Política Social. A maior marxe de endebedamento da Xunta como consecuencia de ter cumprido o criterio do déficit público en anos anteriores permite agora, por enriba dos recursos que o sistema aporta a Galicia e que implican un incremento do gasto, realizar investimentos e actuacións nos campos das políticas sociais, educativas ou sanitarias, apuntou.
Cuestionado sobre a posibilidade de que sexan necesarios novos recortes, Pedro Puy sinalou que en Galicia estamos tranquilos porque temos cumprido o déficit estes últimos anos e parece que non se vai chegar ao nivel do 0,7 por cento autorizado este ano para o conxunto das comunidades autónomas.
O portavoz popular tomou como referencia o último informe da Autoridade Fiscal Independente (AiREF) para afirmar que o previsible é que en Galicia non haxa recortes, senón que, como se está a comprobar coas últimas medidas aprobadas polo Goberno galego, temos maior capacidade para facer investimento e para contribuír á recuperación social de quen máis o precisa tras a crise.
A nivel nacional, Puy lembrou que o Goberno de Rajoy fixo un esforzo por combinar equilibradamente a necesidade de reducir un déficit público, xerado con gastos moitas veces dificilmente xustificables desde o punto de vista da recuperación económica, cunha recuperación da economía, acadando unha taxa de crecemento superior ao 3 por cento que permite xerar emprego e recuperar ingresos.
A posición do Goberno central alónxase dos maximalismos do cumprimento estrito do déficit, que tería malas consecuencias para a recuperación económica do país, pero evidencia un compromiso para reducir ese déficit, que xa pasou do 11 a pouco máis do 4 por cento, sinalou.
A preguntas dos xornalistas sobre o primeiro aniversario dos novos gobernos municipais, Pedro Puy indicou que a sensación é que onde hai estabilidade e un goberno que ten apoios e capacidade de tomar iniciativas as cousas van mellor, tanto en termos de aprobación dos orzamentos como nas políticas do día a día.
O portavoz popular anotou que o PSOE debe tomar en consideración o que está a ocorrer alí onde se entrega, antes incluso de coñecer os resultados electorais, a unhas coalicións de goberno que moitos dos seus membros non consideran as máis eficaces para gobernar.
Chama a atención que o PSOE só entenda a posibilidade de pactar nunha única dirección e cun único obxectivo, cando esta situación xa lle resta posibilidades de negociación, atándose de mans e pes e entregándose a unha única alternativa que lle esixe un prezo que non pode pagar, dixo.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.