Noticias

El Congreso autonómico del PPdeG se centra en la renovación de la secretaría general

El presidente del PPdeG, Núñez Feijóo, agradece la presencia del presidente del PP, Mariano Rajoy, el viernes 6 de mayo en actos previos del congreso autonómico del PPdeG debido a la situación política española en plena precampaña para la repetición de elecciones generales. El congreso del PPdeG se centra en la renovación de la persona al frente de la secretaría general tras la marcha de Alfonso Rueda.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O presidente do PP de Ourense e alcalde da cidade, Jesús Vázquez, preside o XVI Congreso autonómico do partido. A decisión, proposta pola Comisión Organizadora do evento, foi comunicada polo seu presidente, Miguel Tellado, quen destacou a idoneidade da persoa escollida. A este cónclave súmase o presidente do PP, Mariano Rajoy, que tamén quixo acompañar a Feijóo no marco do Congreso e así o fixo no propio recinto no que se celebrará o mesmo. E é que precisamente esta tarde Rajoy participa xunto ao presidente do PPdeG nun coloquio coas NNXX do partido. Ademais, tivo a oportunidade de avalar a Feijóo de forma expresa de cara ao Congreso do sábado 7 de maio, no que tamén terán protagonismo os presidentes provinciais e o presidente de NNXX, Diego Gago.

O tamén voceiro do partido avanzou que será un Congreso participativo no que está volcado o partido a nivel nacional. De feito, a secretaria xeral, María Dolores de Cospedal, participará na clausura do mesmo na mañá do domingo. Pola súa parte, os vicesecretarios de Organización, Fernando Martínez Maíllo, e de Estudos e Programas, Andrea Levy, farano o sábado 7 de maio xunto ao secretario xeral, Alfonso Rueda, nunha visita ás instalacións que terá lugar antes da propia inauguración do Congreso.

Máis alá da estrutura nacional do partido, tamén dende outras autonomías queren arroupar a Alberto Núñez Feijóo neste evento. Así, Juan Vicente Herrera, presidente da Junta de Castilla y León, precede ao propio Feijóo no uso da palabra. Ademais, Juanma Moreno, presidente do PP andaluz, intervirá o domingo, antes das votacións. Así mesmo, Tellado informou que tamén asite ao conclave dos populares o presidente do distrito de Oporto, Virgílio Macedo, en representación do PSD portugués.

O portavoz dos populares galegos tamén informou de que presentaranse os manifestos coordinados por Ánxeles Vázquez e María Ramallo: “A Galicia de hoxe: o camiño percorrido”, un balance do traballo realizado polos populares dende que chegaron á Xunta en 2009; e “A Galicia do futuro: o camiño por percorrer”, un documento que establece as propostas e liñas de actuación do partido de cara ao 2020.

Xa o domingo 8 de maio, tralas votacións e uns intres antes da proclamación de resultados, Alfonso Rueda presentará o informe de xestión da candidatura saínte, na que será a súa última intervención como secretario xeral. Así mesmo, Tellado valorou a traxectoria de Rueda e dixo que deixa un listón moi alto para a persoa que ocupe a secretaría xeral despois do domingo.

Na súa comparecencia en rolda de prensa, o voceiro aproveitou para anunciar que poñerán en marcha dúas aplicacións móbiles como mecanismo para que o PPdeG se poida comunicar cos seus afiliados e simpatizantes e para que estes saiban todo o que acontece durante o conclave. Para isto tamén contan cun equipo de voluntarios para redes sociais co obxectivo de que o Congreso non só o vivan os 2.000 compromisarios que estean presentes senón que sexa un acto participativo que todos os afiliados poidan seguir en directo. Tamén no marco do conclave dos populares galegos, Tellado avanzou que haberá unha exposición fotográfica dos últimos dez anos de historia do PPdeG, un periodo marcado polo liderado de Alberto Núñez Feijóo.

R., 2016-05-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES