Noticias

Manifestaciones en Galicia: las movilizaciones del 1 de mayo se centran en las protestas por la demanda de empleo y contra la pobreza salarial

Sindicatos como CIG, CC.OO. y UGT lideran las movilizaciones en las principales ciudades gallegas en el 1 de mayo para denunciar la precariedad laboral, reivindicar "empleo con derechos" y una Europa "más social". Además de denunciar el "deterioro social, laboral y de servicios públicos", los sindicatos piden a los trabajadores "que no caigan en la desazón". Consideran que las nuevas elecciones son otra oportunidad y piden a los partidos que ejecuten un "cambio radical de políticas".

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de UGT:

Miles de persoas, convocadas por CCOO e UGT, saíron ás rúas das principais cidades e vilas galegas (A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e Vigo) para reivindicar neste Primeiro de Maio a necesidade de loitar contra a pobreza salarial e social. Para lograr este obxectivo, os sindicatos defenderon o fortalecemento da negociación colectiva, ferramenta vital para lograr traballo con dereitos.

Nestas mobilizacións esixiuse tamén un cambio xa das políticas impostas nestes últimos anos que só trouxeron desazón e pobreza para as familias, que seguen a sufrir as consecuencias da crise e dos recortes impostos polos gobernos. A clase traballadora ve como día a día minguan os seus dereitos e xa son moitas as persoas os que están sumidas nun círculo vicioso de temporalidade e precariedade e que a duras penas conseguen vivir con dignidade.

Todo isto nun contexto no cal, malia que se fala dunha tímida melloría, as familias seguen sen percibila. Ademais, xa son moitas voces as que auguran unha nova ameaza a nivel mundial de inestabilidade económica e, sobre todo, enorme incerteza. Pasou case unha década dende que no verán do ano 2007 comezaran a manifestarse os problemas no sector financeiro mundial e seguimos cos mesmos problemas de fondo.

A economía da eurozona saíu da recesión pero continúa enferma, cun crecemento raquítico, cunha inflación case en negativo e cunha taxa de desemprego nos niveis máis altos da súa historia. A crise do proxecto europeo é cada vez máis fonda. A aplicación das medidas de austeridade e recortes sociais contra a maioría da clase traballadora están a ter efectos devastadores para o emprego e aumentaron a pobreza e a desigualdade.

Galicia non é allea a esta realidade. Nos últimos catro anos destruíronse 72.000 empregos; a temporalidade segue medrando (unha de cada catro persoas asalariadas); o 64 por cento das persoas contratadas a tempo parcial (mulleres, sobre todo) éo porque non atopou emprego a tempo completo; a mocidade padece taxas de desemprego que superan o 40 por cento; nos últimos catro anos o mercado laboral galego rexistrou 65.000 persoas activas menos e 16.200 inactivas máis.

O lastre do paro de longa duración continúa, conducindo a situacións límite a moitas familias, incluso ao borde da exclusión social e da pobreza. Xa o 45,3 por cento dos desempregados levan máis de dous anos nesta situación, 19,4 puntos máis que hai catro anos. E o 60 por cento dos parados leva máis dun ano nesta situación, nove puntos máis que hai catro anos, xusto antes da aplicación da reforma laboral.

Por outra banda, aquelas persoas que si están a traballar son vítimas tanto da temporalidade como da precariedade. No período 2011/2015 a contratación temporal seguiu unha tendencia en ascenso difícil de frear, medrando nun 31,6 por cento esta modalidade de contratación. No 2015, o 92 por cento dos contratos rexistrados son temporais.

Os fogares son os que sofren directamente as consecuencias desta nefasta reforma. Xa hai en Galicia 80.200 fogares con todos os seus activos no paro, cifra que foi en progresivo aumento nestes últimos anos. E 44.800 fogares non teñen perceptores de ingresos. Os datos non menten. Hai menos emprego e o que hai é máis precario. Hai máis paro e con menos protección. Caeron os salarios e aumentaron as desigualdades e a pobreza.

Os secretarios xerais de UGT-Galicia e do S.N. de CCOO, que participaron na manifestación de Vigo, preguntáronse, á vista destes datos, de que lle valeu a Galicia ser alumna avantaxada en materia de políticas de axuste e cumprimento do déficit.

Urxe un cambio que poña no centro a creación de emprego estable e con dereitos e a loita contra a pobreza e a desigualdade social e salarial. Para isto, haberá que incrementar o investimento público e por en marcha un cambio de modelo produtivo, sustentable e equilibrado.

Por isto, neste Primeiro de Maio, CCOO e UGT demandaron:

- Impulsar un plan de choque para o emprego.
- Realizar unha verdadeira reforma fiscal que aumente a recadación e a xustiza do sistema.
- Fortalecer a negociación colectiva.
- Aumentar os salarios de xeito coherente coa fase de crecemento económico co fin de reactivar o consumo das familias e a creación de emprego e reducir as desigualdades e a pobreza.
- Recuperar a calidade dos servizos públicos.
- Aumentar o SMI ata acadar o 60 por cento do salario medio, de xeito progresivo.
- Reverter totalmente a última reforma das pensións, restablecer o Pacto de Toledo e asegurar o futuro do sistema público de pensións.
- Mellorar o sistema de protección por desemprego.
- Pór en marcha unha nova prestación de ingresos mínimos como propón a ILP promovida por UGT e CCOO co fin de garantir unha prestación económica a todas as persoas en disposición de traballar que carezan de emprego e ingresos suficientes.
- Impulsar unha potente política industrial que contribúa a fortalecer o sistema produtivo e a xerar emprego máis estable e de máis calidade.
-Derrogar as reformas laborais que tanto dano fixeron.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de UGT

R., 2016-05-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma.JPG) O Proxecto Xenoma Galicia, que procura detectar variantes de risco para enfermidades hereditarias graves como o cancro de mama e ovario, a síndrome de Lynch ou a hipercolesterolemia familiar, xa permitiu detectar 42 persoas positivas entre as 2.504 mostras que se levan analizado. Este programa pioneiro de cribado xenético acada 2.504 mostras analizadas ata o de agora dos 4.261 participantes reclutados ata o momento, rexistrando unha taxa de positividade do 1,7 %. En decembro do ano 2024, botaba a andar o programa coa posta en marcha de dúas probas piloto, consistentes na recollida de mostras de sangue e de saliva.
Foto de la tercera plana (festaclown-2026.jpeg) O Festaclown volve a converter Vilagarcía de Arousa nun dos puntos de referencia do circo e das artes de rúa en Galicia, entre o 17 ao 22 de agosto, cunha programación que nesta edición reforza especialmente a súa dimensión internacional e o seu compromiso coa inclusión. Compañías e artistas procedentes de Colombia, Arxentina e Australia compartirán cartel con destacadas formacións galegas e do resto do Estado nun programa para todos os públicos que se desenvolverá fundamentalmente ao aire libre en rúas, parques e prazas da cidade.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corresponde á USC, á Universidade de Cambridge e ó Instituto Colombiano de Antropología e Historia.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES