Noticias

CC.OO. y UGT en Galicia exigen que se derogue la reforma laboral y piden a los partidos que "no mareen la perdiz" y pacten una reforma fiscal

CC.OO. y UGT en Galicia reclaman conjuntamente una reforma fiscal que "aumente la recaudación" y la "justicia" del sistema, y exigen que se derogue la reforma laboral actual. Ambos sindicatos también reclaman un "refuerzo" de la negociación colectiva y un aumento de los salarios. Son las principales reivindicaciones de cara al 1 de mayo que celebran conjuntamente ambas fuerzas sindicales bajo el lema "Contra a pobreza salarial e social, traballo e dereitos" porque entienden que las familias aún sufren las consecuencias de la crisis y los recortes.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de UGT-Galicia:

O secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, presentou en Santiago nun encontro cos medios de comunicación os actos convocados en Galicia por UGT, xunto con CCOO, para a celebración do Primeiro de Maio que nesta data desenvolverase baixo o lema “Contra a pobreza salarial e social. Traballo e dereitos”. Son nove as manifestacións convocadas que transcorrerán polas principais cidades e vilas galegas, A Coruña (Praza da Palloza, 12.00 horas), Ferrol (Praza Inferniño, 12.00 horas), Santiago (Alameda, 12.00 horas), Lugo (Casa sindical, 11.30 horas), Viveiro (Edificio sindicatos, 12.30 horas), Ourense (Pavillón dos Remedios, 11.30 horas), Arousa (Praza de Ravella, 12.00 horas), Pontevedra (Praza da Ferrería, 11.30 horas) e Vigo (Cruce Vía Norte/Escultor Gregorio Fernández, 11.30 horas).

José Antonio Gómez fixo un chamamento á cidadanía galega á participación nestes actos para alzala voz co fin de esixir un cambio radical das políticas destes últimos anos que só trouxeron desazón e pobreza para as familias. Porque as familias seguen a sufrir as consecuencias da crise e dos recortes impostos polos gobernos, os traballadores ven como día a día merman os seus dereitos e xa son moitos os que están sumidos nun círculo vicioso de temporalidade e precariedade e que a duras penas conseguen vivir con dignidade.

Nun contexto no que algúns aseguran que se está a producir unha tímida melloría, as familias seguen sen percibila. Ademais, xa son moitos os que auguran unha nova ameaza a nivel mundial de inestabilidade económica e, sobre todo, enorme incerteza. Acompañado isto das dúbidas que xurdiron nas últimas semanas sobre a situación real do sistema financeiro, especialmente, dalgunhas entidades sistémicas de Alemaña ou Francia. Pasou case unha década dende que no verán do ano 2007 comezaran a manifestarse os problemas no sector financeiro mundial e seguimos cos mesmos problemas de fondo. Así, a economía da eurozona saíu da recesión pero continúa enferma, cun crecemento raquítico, cunha inflación case en negativo e cunha taxa de desemprego nos niveis máis altos da súa historia.

A crise do proxecto europeo é cada vez máis fonda. A aplicación das medidas de austeridade e recortes sociais contra a maioría da clase traballadora están a ter efectos devastadores para o emprego e aumentaron a pobreza e a desigualdade. Galicia non é allea a esta realidade. De feito, o panorama require de medidas xa, insistiu o secretario xeral de UGT-Galicia.

Nos últimos catro anos en Galicia destruíronse 72.000 empregos; a temporalidade segue medrando (unha de cada catro persoas asalariadas), así como, a parcialidade involuntaria (64 por cento), que afecta sobre todo ás mulleres; os máis mozos sofren taxas de desemprego que superan o 40 por cento; nos últimos catro anos o mercado laboral galego rexistrou 65.000 persoas activas menos e 16.200 inactivas máis.

O lastre do paro de longa duración continúa, conducindo a situacións límite a moitas familias, incluso ao borde da exclusión social e da pobreza. Xa o 45,3 por cento dos desempregados levan máis de dous anos nesta situación, 19,4 puntos máis que hai catro anos. E o 60 por cento dos parados leva máis dun ano nesta situación, nove puntos máis que hai catro anos, xusto antes da aplicación da reforma laboral.

Por outra banda, aqueles que si están traballando son vítimas constantes tanto da temporalidade como da precariedade. No período 2011/2015 a contratación temporal seguiu unha tendencia en ascenso difícil de frear, medrando nun 31,6 por cento esta modalidade de contratación. No 2015, o 92 por cento dos contratos rexistrados son temporais. Resulta, case que indecente, afirmar que, por exemplo, no mes de marzo o 34,2 por cento dos contratos asinados foron para un máximo de sete días. Que plantexamento de vida pode facer unha persoa cun contrato de sete ou menos días?

Pero a crise non foi igual para todos. O peso da remuneración dos asalariados no total da renda en Galicia cada día é máis baixo, do 44,6 por cento. Se a perda das rendas salariais dende o 2011 foi de máis de sete puntos, no caso das rendas empresariais e mixtas a baixada é inapreciable, do 0,2 por cento. 1.865 millóns de euros fronte a tan só 46.

Para UGT-Galicia hai un dato que resulta, cando menos, moi preocupante, un 31 por cento dos asalariados cobra igual ou menos do SMI (300.000 traballadores). Reiterou que os fogares son os que sofren directamente as consecuencias desta nefasta reforma. Xa hai en Galicia 75.100 fogares con todos os seus activos no paro, cifra que foi en progresivo aumento nestes últimos anos. E 32.800 fogares non teñen perceptores de ingresos. Os datos non menten. Hai menos emprego e o que hai é máis precario. Hai máis paro e con menos protección. Caeron os salarios e aumentaron as desigualdades e a pobreza.

José Antonio Gómez, á vista da realidade que debuxan as estatísticas, pregúntase de que lle valeu a Galicia ser alumna avantaxada en materia de políticas de axuste e cumprimento do déficit?. Urxe un cambio que poña no centro a creación de emprego estable e con dereitos e a loita contra a pobreza e a desigualdade social e salarial. Para isto, haberá que incrementar o investimento público e por en marcha un cambio de modelo produtivo, sustentable e equilibrado.

UGT demanda impulsar un plan de choque para o emprego; realizar unha verdadeira reforma fiscal que aumente a recadación e a xustiza do sistema; fortalecer a negociación colectiva; aumentar os salarios de xeito coherente coa fase de crecemento económico co fin de reactivar o consumo das familias e a creación de emprego e reducir as desigualdades e a pobreza; recuperar a calidade dos servizos públicos; aumentar o SMI ata acadar o 60 por cento do salario medio, de xeito progresivo; reverter totalmente a última reforma das pensións, restablecer o Pacto de Toledo e asegurar o futuro do sistema público de pensións; mellorar o sistema de protección por desemprego; pór en marcha unha nova prestación de ingresos mínimos como propón a ILP promovida por UGT e CCOO co fin de garantir unha prestación económica a todas as persoas en disposición de traballar que carezan de emprego e ingresos suficientes; impulsar unha potente política industrial que contribúa a fortalecer o sistema produtivo e a xerar emprego máis estable e de máis calidade; e derrogar as reformas laborais que tanto dano fixeron.

Gómez fixo fincapé en que é evidente que o contexto político actual non axuda en nada. Un contexto marcado pola incertidume e no que a clase política deste país demostrou non estar á altura. Os cidadáns demandan un proxecto de país xa. A xente xa non pode agardar máis, os problemas sociais acumúlanse, os poucos recursos que hai non se poñen en marcha e este país precisa xa dun proxecto inmediato. As forzas políticas deben mirar máis aos cidadáns, que hoxe piden un Goberno de cambio e progreso, e menos ao retrovisor electoral.

Neste contexto a convocatoria de novas eleccións supoñería prolongar a situación de parálise na que nos atopamos ata completar practicamente un ano e sen ningún tipo de garantías respecto a que a celebración de novos comicios derive nunha representación parlamentaria máis favorable ás políticas progresistas.

Urxe un auténtico proceso de rexeneración da vida pública española, dando prioridade aos intereses da cidadanía e os graves problemas de emprego e desigualdade que lles afectan.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de UGT-Galicia

R., 2016-04-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES