Noticias

En Marea se prepara para crear un partido instrumental y el BNG apuesta de nuevo con su marca ante las posibles nuevas generales

Tras la ronda de consultas iniciada por el rey Felipe VI con los representantes de los partidos políticos, el escenario se abre a la celebración de nuevas elecciones si en cinco días no se llega a un pacto. En Marea aseguraba en su última comparecencia ante la prensa, que difundía en su cuenta de Twitter, que están "no debate de crear o partido instrumental e mellorar as canles de participación". Por su parte, el BNG ratifica que irá a una posible repetición de las generales con su marca pero no descarta realizar cambios en las listas.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

A portavoz nacional, Ana Pontón, reivindicou a traxectoria política do BNG en defensa de Galiza como a mellor fortaleza para afrontar as citas electorais. “Dicimos coa cabeza alta que temos pasado, que temos tras de nós unha historia centenaria. Non chegamos de novo, nin vimos coas mans baleiras porque levamos anos aquí dando a cara por este país, defendendo aos galegos e galegas”, salientou Pontón, quen convidou a “mirar con orgullo” ese traballo para “disputar o presente”.

A portavoz nacional ironizou sobre as modas da nova e da vella política: “Nestes tempos en que se puxo de moda falar do novo e do vello, dígovos que a política máis vella de todas é a do rancio centralismo español e a subordinación de Galiza”, convencida de que “ninguén vai vir de fora a sacarnos as castañas do lume”.

Orgullo do pasado, dixo, “pero sen caer na compracencia”, porque recoñecer os erros é o punto de partida para recuperar o apoio social e electoral. “Asumamos os erros e as dificultades do momento. Existen, mais deben ser aliciente para superalos e abrir unha nova etapa para o nacionalismo e para Galiza”, alegou, ao tempo que pedía a “implicación” das bases no proceso de refundación “con convicción e confianza no nacionalismo e no BNG” para “saír a por todas”. Neste Proceso Adiante, Pontón aposta por “abrir a organización, mellorar e corrixir os erros” e, ao mesmo tempo, “tecer consensos duradeiros para unir a todas os e as nacionalistas”, convencida de que “a unidade que nos fará avanzar é a unidade das que acreditamos nunha Galiza dona do seu destino”.

As portas dunha probable repetición das xerais e das eleccións galegas, a dirixente do Bloque deixo clara a formula de concorrencia decidida pola militancia: unha candidatura nacionalista. “Se queremos ser independentes e actuar como os pobos libres, precisamos ter organizacións independentes, cos seus centros de decisión en Galiza. Por iso avogamos por sumar a todas e todos os nacionalistas nunha candidatura común, sen dependencias de forzas estatais. Sen sucumbir aos cantos de serea que nos levan a outros portos que non son os nosos. Unha candidatura común a favor dos galegos e das galegas, que poña fin ao desastre actual. Unha candidatura nacionalista que defenda un futuro de dignidade e igualdade, que aposte por un cambio real das políticas”.

Pontón foi moi crítica cos sete anos de xestión do presidente do PPdeG. “Un Feijóo que ten a súa moral en B, como o financiamento do PP, que sempre traizoa os intereses de Galiza e que gobernou sen corazón”, mesmo minusvalorando dramas como os que denuncian a morte de doentes de hepatite C por non recibir o tratamento acaído. Amosouse convencida de que Feijóo “recibirá a carta de despido” nas urnas.

A portavoz do Bloque tamén fixo unha lectura crítica do escenario político estatal tras o 20D, empezando polas “denominadas forzas da esquerda española” que deixaron claro ao longo destes meses de “xogos florais” que a proclamada prioridade de derrotar á dereita “era un slogan electoral”. Pontón lamentou que Galiza estivese “desaparecida” no debate, mentres todos os deputados electos polo país “quedaron reducidos a comparsas dos intereses das forzas estatais” agora plasmadas nun bipartidismo a catro que segue ignorando os intereses dos galegos e galegas.
Acto Proceso Adiante en Pontevedra

Para mudar esta situación, o BNG aposta por un novo status para Galiza que pasa por ter as ferramentas propias dunha “nación con dereito a decidir” para defender os sectores produtivos, evitar o espolio do aforro que deixa sen financiamento a empresas e familias, xestionar os recursos enerxéticos, deseñar unha fiscalidade propia e que poña en valor a nosa lingua e cultura, citou Pontón. “Construír unha axenda co pobo, porque o rescate nacional e social son as dúas caras da mesma moeda”, concluíu, nun acto que contou coas intervencións do alcalde pontevedrés, Miguel Anxo Fernández Lores, e de militantes e simpatizantes como Zeltia Pino, -en nome da mocidade de Galiza Nova-, Ramón Regueira, simpatizante sen carné pero que acredita no proxecto que representa o Bloque, e Xosé Manuel Marcote, da Executiva nacional.

Fotografía: Twitter de En Marea

R., 2016-04-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES