
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destaca que un total de 7.392 persoas achegáronse ao Gaiás para visitar a mostra Con-Fío en Galicia no seu primeiro mes de exhibición.
A exposición, comisariada polo historiador Miguel Anxo Seixas Seoane, converte a Cidade da Cultura nunha pasarela de moda na que amosar o peso do téxtil galego no mundo. Ao longo de 300 pezas, a mostra ofrece un percorrido por un sector estratéxico a través de 100 looks singulares de moda feita en Galicia, reinterpretacións contemporáneas de indumentarias históricas, valiosas coleccións privadas e unha escolma de material fotográfico e audiovisual.
Cultura e Educación celebra o interese que está espertando entre o público unha mostra na que poden verse creacións de clásicos como Adolfo Domínguez, Roberto Verino, Antonio Pernas ou os deseñadores do grupo Galicia Moda (Gene Cabaleiro, Florentino, Caramelo, María Moreira...) xunto con novos valores como Eva Soto, Sara Coleman ou José Castro. Así, desde a súa apertura o 11 de marzo, Con-Fío en Galicia recibiu unha media de 264 visitantes por día.
Especialmente destacable é tamén a aceptación que Con-Fío en Galicia está a ter entre a comunidade educativa. Un total de 1.037 escolares pasaron xa pola exposición, onde ademais de coñecer a historia da moda ao longo dos dous andares do Museo Centro Gaiás, os participantes nas Visitas didácticas realizan actividades lúdico-didácticas que os axudan a fixar os coñecementos adquiridos.
Con-Fío en Galicia pode visitarse no Museo Centro Gaiás de martes a domingo, de 10 a 20 horas, e a entrada é de balde. Ademais, de martes a venres, o público conta cunha visita guiada ás 18:30 horas e sábados e domingos ás 12:30 e ás 18:30 horas. Un total de 290 persoas xa gozaron con estes percorridos guiados da man dos guías da Fundación Cidade da Cultura, nos que descubrir curiosidades e anécdotas das pezas que integran a mostra.
A Cidade da Cultura e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro colaborarán na dinamización da mostra 'Con-Fío en Galicia'. A directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González-Loroño, e o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, Felicísimo Pereira Freijido, asinaron un acordo de colaboración para o desenvolvemento de actividades de dinamización da exposición Con-Fío en Galicia.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.