Noticias

Núñez Feijóo dice que se quedará en Galicia hasta el año 2020 si logra repetir la mayoría absoluta tras las elecciones autonómicas

El presidente de la Xunta y líder del PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, sitúa una nueva fecha límite para su proyecto político y dice que, si gana las elecciones autonómicas previstas para octubre y consigue gobernar con mayoría absoluta, su proyecto político "seguirá siendo Galicia hasta 2020". Sin embargo, de no conseguir este reto, asegura que deberá "rendir cuentas".

Notas de prensa del Gabinete del PPdeG:

O líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que Galicia é a súa decisión, a súa prioridade e a súa opción e que a nosa comunidade foi o principal factor que inclinou a balanza na súa determinación de presentarse outra vez a liderar o PPdeG. “Galicia será a dona do meu destino e a que decida que vai ser Alberto Núñez Feijóo nos próximos anos”, dicía o dirixente nunha entrevista concedida á Radio Galega esta mañá.

O mandatario popular subliñou que, ao ser presidente da nosa comunidade, decatouse da importancia de ter un pobo como o noso, que sabe que o resultado do sacrificio sempre é o éxito e viu que o camiño que fixeron os populares nos últimos anos non foi de balde, senón que nos leva agora a ser unha autonomía solvente, respectada en España, que non necesita do diñeiro dos demais para chegar a fin de mes e cuxa economía está crecendo. Así mesmo, Feijóo incidiu en que a súa posición política, dende que se presentou no 2006 a presidente do partido, é Galicia.

Do mesmo xeito, recoñeceu que, pese a que seguir en política non é fácil neste momento, “probablemente agora é cando máis aconsellable sexa para as persoas que temos interese e vocación polo servizo público dar a batalla”. Para o mandatario a opción é “non abandonar un barco que está nunha forte marexada que é a política galega e española” senón seguir trazando un rumbo que está marcado por dúas grandes ideas: ter un proxecto para Galicia e garantir a estabilidade dese proxecto, algo que, tal e como afirmou, si ten o PPdeG.

O presidente apuntou que, desde as eleccións municipais de 2015, cando viron que había unha desconfianza no ambito dos partidos políticos e que xurdían movementos que naceron ao carón da recesión e da desilusión, entenderon que tiñan que empezar a reaccionar. Así, fixeron unha ponencia no partido, un cambio no Goberno, melloraron as políticas sociais, celebraron os congresos provincias e, “todo isto se desenvolveu conforme ao que pensabamos que era bo para o PPdeG para seguir servindo a Galicia”, dixo Feijóo.

Segundo indicou, foi precisamente tralo último congreso provincial de Pontevedra cando empezou a debuxar a decisión de continuar á fronte do PPdeG, confirmando que está preparado se os seus compañeiros así o queren e que, “a partir de aí o importante é o que Galicia diga, se quere eu estou disposto”, engadiu.

Se ben o presidente recoñece que gañar unhas eleccións por maioría absoluta vai ser moi difícil, “imos intentalo porque creo que Galicia xa está experimentando o que son cidades importantes con gobernos que non aproban os orzamentos, que non adoptan decisións de goberno porque probablemente non saiban cales son as súas prioridades e, ademais, non son capaces de pactalas coa oposición”. Segundo Feijóo, estámolo vendo non só en Galicia senón tamén en España, onde non hai goberno nestes momentos e, por iso, insistiu en que “nós non debemos pasar por aí e cometer os erros que se cometen noutros lugares”.

Na entrevista, o máximo dirixente do PPdeG, recordou que esta semana coñecíamos datos moi alentadores que amosan que a economía galega crece máis que nunca. Por este motivo, apunta que mereceu a pena todo o que os populares fixeron os últimos anos porque estamos ante un crecemento económico e agora pódese augurar seguir baixando o paro, que é o principal problema de España e da nosa comunidade.

“Quédannos catro anos para consolidar Galicia como unha terra de crecemento económico e de emprego”, asegurou Feijóo en referencia á que sería unha terceira lexislatura ao fronte da Xunta. Nesta liña, subliñou que, se ben agora hai camiños despexados e tense ordenado o territorio bastante ben dende o punto de vista legal, aínda hai que acabar moitas cousas entre as que salientou seguir traballando polo sectores lácteo e primairo, buscar rendabilidade no ámbito pesqueiro, finalizar as grandes infraestruturas, conseguir que o tren de alta velocidad estea aquí, preparar o Xacobeo do 2021, ou continuar poñendo os camiños de Santiago a disposición dos millóns de turistas que nos visitarán –agarda- aínda con maior intensidade.

Valoración PPdeG:

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, trasladou a “satisfacción” de todos os deputados deste grupo parlamentario pola decisión de Alberto Núñez Feijóo de presentar a súa candidatura á Presidencia do Partido Popular de Galicia é, por conseguinte, á Xunta de Galicia. “Existe un amplo consenso neste grupo de que se adoptou a mellor decisión para o conxunto do PPdeG”, asegurou Puy, quen apuntou que servira para “incentivar e seguir traballando porque queda moito por facer nun país con máis de 230.000 desempregados pero que camiña na senda correcta dun traballo que Feijóo ten encabezado nos últimos anos e que o PPdeG vai seguir impulsando”.

Pedro Puy manifestou que a convocatoria do Congreso extraordinario do Partido Popular de Galicia e a confirmación da candidatura do Feijóo para a Presidencia do PPdeG é a continuación do “profundo proceso de reflexión e renovación que se abriu no partido a raíz fundamentalmente do resultado das eleccións municipais”.

Neste sentido, indicou que este proceso deu comezo coa modificación do Goberno galego e da prioridade das súas políticas, centrándose e incrementando as dirixidas á política social; seguiu co debate das ideas no PPdeG a través dunha ponencia política; a renovación das estruturas provinciais do PP en Galicia, coa substitución de tres dos catros presidentes; e rematará coa celebración dun congreso extraordinario.

“A todo isto, súmanse determinadas novas no ámbito económico que tamén son positivas para as políticas desenvolvidas polo Partido Popular, como a concatenación de cifras de crecemento, así como que Galicia sexa unha das tres comunidades autónomas que cumpre os obxectivos de déficit; e o coñecemento hoxe do descenso do número de desempregados, nunha porcentaxe semellante á media nacional”, sinalou.

Cuestionado sobre a data de celebración das eleccións autonómicas, Pedro Puy referiuse ao calendario previsto para a celebración do Congreso do PPdeG e ao traballo que se está a levar adiante no Parlamento galego para apuntar que “con todas estas cuestións estamos traballando na perspectiva de que as eleccións sexan despois do verán, pero tendo sempre presente que é unha competencia moi especificamente atribuída ao Presidente da Xunta”.

En concreto, o portavoz popular dixo que nestes momentos no Parlamento estase tramitando o Plan Estratéxico da Economía de Galicia, un documento complexo que ten que ir ao Pleno; e están e trámite os proxectos de lei do patrimonio cultural, de economía social, de coordinación das policías locais e a modificación da Lei de servizos sociais. Ademais, estase tramitando a iniciativa lexislativa popular sobre a pobreza enerxética e o custo da enerxía en Galicia, ao tempo que o Goberno galego anunciou recentemente a tramitación da Lei de espectáculos públicos, a lei de protección de animais domésticos e a lei de transporte por estrada de Galicia, á que se sumará a aprobación da Lei da Área metropolitana de Vigo.

“Queda moito por facer e o proxecto do Partido Popular ten moito que aportar, aproveitando unha situación inédita en España como é unha maioría sólida e estable que, se ben trata de chegar a acordos coa oposición, ten capacidade para aprobar normas importantes para o futuro de Galicia”, indicou.

Pedro Puy tamén valorou que Galicia teña “un calendario electoral diferenciado” das eleccións nacionais, polo que “salvo que haxa unha causa de extrema importancia, en principio estamos a traballar na perspectiva de que no caso de que haxa xerais non coincidan coas autonómicas”.

Fotografía: Gabinete del PPdeG.

R., 2016-04-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES