Noticias

Núñez Feijóo confirma que, finalmente, sí optará a un tercer mandato como candidato a la Xunta

Diputados y cargos de la cúpula del PP gallego, reunidos en Junta Directiva (máximo órgano entre congresos), han conocido la decisión de su jefe de filas y titular de la Xunta, Núñez Feijóo, al anunciar que, finalmente, sí optará a un tercer mandato como candidato a la Presidencia de la Xunta de Galicia. A esta reunión también han sido invitados los conselleiros y exconselleiros del presidente gallego desde 2009. Emocionado, Feijóo dijo que, tras dos mandatos, no fue una decisión fácil de tomar y aseguró: "siempre que tuve la oportunidad de elegir en mi vida, siempre elegí Galicia".

El presidente de la Xunta y líder del PPdeG, recibido con un fuerte aplauso en la reunión de la Junta Directiva, ha despejado la incógnita sobre su futuro político y opta por quedarse en la política y en Galicia como aspirante a un tercer mandato en el Gobierno gallego.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O voceiro dos populares galegos, Miguel Tellado, avanzou que a Xunta directiva do PPdeG aproba a data, os prazos, e os manifestos do XVI Congreso autonómico do partido. O portavoz explicou que as datas que proporá a actual dirección dos populares galegos para a celebración do conclave –e que posteriormente terá que ratificar a Xunta directiva- na fin de semana do 7 e 8 de maio na cidade de Ourense.

Así mesmo, a idea dos populares é elaborar dous manifestos titulados “A Galicia de hoxe: o camiño percorrido” e “A Galicia de mañá: o camiño por percorrer”. Segundo apuntou o voceiro, o primeiro deles tería como ponentes a Ángeles Vázquez, Mari Teijeiro, Cristina Romero, Nidia Arévalo e Pedro Rojo; mentres o segundo tería como ponentes a María Ramallo, Edelmira Barreira, Teresa Egerique, Juan de Dios Ruano e Antonio Basanta.

Ademais, estes dous documentos irían acompañados doutro informe presentado polo secretario xeral, Alfonso Rueda, que terá por título “O partido de hoxe, o partido de mañá”. “Trátase de que o Congreso serva non só para elixir un novo equipo de dirección, senón para renovar ideas e pasar revista á nosa xestión na Xunta dende que os galegos nos deron a súa confianza no 2009”, engadiu Tellado ao tempo que afirmaba que, desta maneira, explicarán como xestionaron ese caudal de confianza recibida e como trasladaron tamén o apoio da súa militancia á xestión do día a día da Xunta.

Para o portavoz, o Congreso autonómico permitirá culminar un proceso de renovación que comezaba fai sete meses coa aprobación da ponencia política do partido e que continuaron no último mes cos catro congresos provinciais nos que había un grado de renovación do 75%.

“O congreso autonómico tamén nos ten que permitir fixar o eixo de actuación para que a nova dirección do partido teña como referente durante os próximos anos cal ten que ser o camiño a seguir para que o PPdeG siga sendo o primeiro partido de Galicia, sinónimo de estabilidade e de bo Goberno e para manter a confianza dos galegos e seguir á fronte da Xunta”, aseguraba Tellado.

O portavoz incidiu en que tamén se aproban os prazos de presentación de candidaturas que, segundo a proposta da dirección e co obxectivo de favorecer a participación, requirirá na fase inicial de 90 firmas das 101.000 sinaturas posibles dos afiliados.

Xa unha vez que a Xunta directiva se posicione e adopte as decisións pertinentes, os populares darán a coñecer de forma pormenorizada o calendario e regulamento do seu XVI Congreso autonómico que, segundo Tellado, asumen con ilusión convencidos de que a renovación permanente é o que ten permitido ao partido sintonizar de forma continuada coa maioría dos galegos.

Fotografía: archivo GD/PPdeG.

R., 2016-04-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES