Notas de prensa

20D: Anova presenta aos seus candidatos á lista En Marea para o Congreso

Gladys Afonso, Xosé Manuel Saa, Carlos Lorenzo e Alexandra Fernández serán as primeiras propostas de Anova para a lista de En Marea ao Congreso. As primarias internas de Anova-IN para escoller as persoas a propor para formar parte na lista de En Marea remataron o venres 13 de novembro cun 63% de participación da militancia.

Pola Coruña a primeira opción a propor por parte de Anova para En Marea será a de Gladys Afonso, que acadou un 54,41% do voto nesa circunscrición, seguida por Xosé Constenla (38,24%) e Jorge Caeiro (7,35%).

Polo que respecta a Lugo a proposta de Anova será Xosé Manuel Saa, que acadou todo o voto, pois non había máis candidatos/as.

En Ourense a primeira proposta de Anova será a de Carlos Lorenzo, que obtivo un 60,53% do voto fronte o 39,47% de Bernardo García, que será polo tanto a segunda opción nesa circunscrición.

No referente á circunscrición de Pontevedra a primeira persoa a propor por Anova será Alexandra Fernández, que acadou o 67,40% dos votos, seguida por David Carballal (23,81%) e José Gómez (8,79%).

Por último, Pilar Barros, cun 74,90% do voto, será a proposta para o Senado na circunscrición de Ourense, seguida de Carlos Enrique Pereira (25,10%).

Queremos recalcar que estas persoas serán as propostas de Anova para o proxecto común En Marea, polo que non se poden considerar aínda candidatas ou candidatos ás Cortes e ao Senado do Estado.

Gabinete de Comunicación de AGE, 2015-11-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES