Notas de prensa

A Deputación de Ourense presenta o libro Vicente Risco, mestre de mestres

No acto presentouse tamén un avance das "Xornadas Pedagóxicas" 2016, que se celebrarán en 2016 na Deputación de Ourense, nas que se conmemorará o centenario do ingreso de Vicente Risco na Escola Normal de Maxisterio de Ourense e analizaranse aspectos das Irmandades da Fala e da renovación pedagóxica.

Na Sala de Prensa do Centro Cultural "Marcos Valcárcel" da Deputación de Ourense tivo lugar a presentación do libro Vicente Risco, mestre de mestres, obra do doutor en Pedagoxía Xosé Fernández. O acto contou coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; do autor do libro; do responsable da sección de Educación da Fundación Vicente Risco, Xosé Cid; e do presidente da Fundación, Luís Martínez Risco. No mesmo acto presentouse tamén un avance das "Xornadas Pedagóxicas" 2016, que se celebrarán o ano próximo na Deputación de Ourense, “nas que se conmemorará o centenario do ingreso de Vicente Risco na Escola Normal de Maxisterio de Ourense e analizaranse aspectos das Irmandades da Fala e da renovación pedagóxica”, segundo apuntou Luis Martínez Risco.

Manuel Baltar afirmou que Vicente Risco, “é un nome con letras de ouro e un personaxe senlleiro da nosa cultura, como tamén outros membros da súa familia que fixeron e están a facer de Ourense un referente para falar de pensamento político e de cultura con maiúsculas”, e destacou a frase coa que comeza a publicación: “A galeguización da escola inda a custar traballo cando Galiza sexa autónoma”, escrita por Vicente Risco en “El Pueblo Gallego” en 1931”.

Pola súa banda, Xosé Cid subliñou o importante traballo que Vicente Risco fixo pola pedagoxía, afirmando que formou mestres “coñecendo a súa historia e o seu territorio” e que se Ourense ten fama de formar bos mestres “iso ten moito que ver coa pegada deixada por Vicente Risco coa súa pedagoxía de alto nivel”.

Finalmente o autor, Xosé Fernández, explicou que a obra “analiza a figura de Vicente Risco dende a súa perspectiva como mestre, profesión na que ingresou en 1916 e se xubilou en 1954”. “Pero a súa vida transcendeu e foi máis aló do profesorado, e temos importantes exemplos diso, como que foi fundador da revista Nós, a importante achega que supuxo o seu plan pedagóxico; abriu plataformas de comunicación como a sección “Artes e letras” no xornal La Región, e mesmo participou no que poderíamos definir como obradoiros de café, entre os que destaca o afamado “Volter”. Unha labor de sementeira pedagóxica que, sen dúbidas, foi máis aló da aulas”, afirmou Xosé Fernández.

A obra estrutúrase en sete capítulos ao longo de máis de 500 páxinas, nos que se fai unha pormenorizada análise da vida e do labor docente de Vicente Risco, explicando as etapas da súa crianza, escolarización, os anos de instituto e a época universitaria, como as cuestións relacionadas co Risco e a lingua, a literatura popular, o Risco no Seminario de Estudos Galegos e finalmente o Vicente Risco como formador de mestres.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense, 2015-11-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma-galicia.jpg) O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
Foto de la tercera plana (womex-2026.jpg) A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.

Notas

A Universidade de Vigo acollerá os días 4, 5 e 6 de novembro a 5th European School on Environmental Applications of Advanced Oxidation Processes (5thEPS-AOPs), un encontro científico internacional que reunirá expertos, persoal investigador, estudantes de doutoramento e representantes do sector empresarial para abordar os últimos avances en tecnoloxías de descontaminación ambiental e tratamento sostible da auga.
A UDC pon en marcha InPacto, unha iniciativa que busca achegar a investigación de excelencia á cidadanía e fortalecer a conexión entre universidade, empresa e sociedade. Este programa reúne por primeira vez nun proxecto común ao persoal investigador Ramón y Cajal (R&C) da UDC para desenvolver unha programación de actividades de divulgación, transferencia de coñecemento e participación social.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES