
(Resumo da intervención do Profesor Regueiro Tenreiro na presentación de "As razóns do galeguismo autonomista").
Cando o Mestre Xosé Fernando Filgueira Valverde escribe e, despois pronuncia en Radio Lugo, esta conferencia para pedir o SI, ao Estatuto de Galicia de 1936, levaba un curso incorporado á Cátedra de Lingua e Literatura, no Instituto Nacional de Enseñanza Media de Lugo. Era, pois, un mozo de 29 anos coa súa carreira docente e polÃtica consolidada.
Tamén era un polÃtico bastante coñecido, pois xa tiña exercido de secretario de Labor Galeguista na súa cidade natal; tamén estivera moi activo na Asemblea ConstituÃnte do Partido Galeguista (5 e 6 de Decembro de 1931), e fora elixido secretario técnico do Partido Galeguista, cargo que exerceu durante dous anos. Asemade tiña participado intensamente na elaboración do texto do Estatuto de Galicia redactado no seo do Seminario de Estudos Galegos e, especialmente, interveu activamente na Asemblea de Municipios de Galicia, aquela que impulsou o 1º Estatuto de AutonomÃa, celebrada en Santiago entre os dÃas 17 e 19 de decembro de 1931. Desta asemblea saÃu o xermolo do texto que se Ãa votar aquel 28 de xuño de 1936, precisamente do que fala e defende Filgueira na conferencia/mitin, que se transcribe na publicación que hoxe presentamos.
Esta conferencia/mitin ten aplicación hoxe por tres razóns:
1.- Clarifica a ideoloxÃa polÃtico-autonomista de Filgueira e da Dereita galeguista, que on é outro que un vitalismo de corte orteguiano, completado coa crenza cristián. Sensu contrario, esta ideoloxÃa enfronta dereitamente cos dous imperialismos rampantes nos anos trinta en Europa e en España que eran: o materialismo dialéctico leninista e o capitalismo salvaxe agochado no nazismo e no feixismo.
2.- Define un modelo de desenvolvemento autonómico coherente e integrador de Hespaña, facendo unha historia da singularidade de Galicia, e das virtualidades dun proxecto autonómico para desenvolver, co Estatuto aprobado, unha Galicia próspera dentro dunha Hispania Maior (recordo da Hispania romana). Tal era a interpretación que facÃa Filgueira e a Dereita Galeguista do proxecto autonómico que se estaba a desenvolver ao abeiro da Constitución de 1931. Este proxecto era nidiamente: autonomista, integrador e pacÃfico. Polo tanto, nunca, endexamais se debeu poñer en práctica -saltándose (¡tamén daquela!) a legalidade da Constitución republicana- baixo as opcións extralegais: federalista, disgregadora e violenta. Penso que a idea autonomisma defendida por Filgueira como conselleiro das Forzas galeguistas de Dereita atopámola resumida no parágrafo que se le no final da páxina 38 onde di asÃ: Nós, os que hoxe co Estatuto pedimos a autonomÃa non somos un pobo de separatistas. Non sabemos o que é o separatismo. Somos o berce maternal das Hespañas a “terra genÇor” “la España madre de la España entera”, a célula da formación histórica e social da Hispania cristiá.
E 3. Ofrécenos, agora e cara ó futuro, “un proxecto suxestivo de vida en común” para a convivencia española (pax.31), cando se di:
Temos tamén o dereito a que se sepa que pedimos a nosa libertade non para arrenegar da nosa historia [fraterna], senón para que teña agora inda mellor cumplimento esa misión maternal de Galicia …(e remata) agardando de novo … as terras da Hespaña a xunguirse nunha [superior] soliedariedade superestatal. Penso que nesta frase contense unha referencia anticipadora a unha futura unidade superestatal que, hoxe, ten a súa realización na Unión Europea.
Utilizamos aquà ideas que D. José Ortega y Gasset expón e D. Xosé Fernando asume. En concreto, Ortega na España invertebrada (na edición de 1983 de Alianza Editorial, 1ª parte, apartado 3º, páxina 41, parágrao 2º) escribe este texto tan repetido:
Â…la incorporación nacional, la convivencia de pueblos y grupos sociales exige alguna empresa de colaboración y un proyecto sugestivo de vida en común. La historia de España confirma esta opinión, que habÃamos formando contemplando la historia de Roma. Los españoles nos juntamos hace cinco siglos para emprender una weltpolitik y para ensayar otras muchas faenas de gran velamen.
A historia de Roma recóllea o Mestre Filgueira na mención á tradición da Hispania maior, a welpolitik reflÃctese no seu deseño da autonomÃa, e as “faenas de gran velamen” ábrennos ás comunidades fraternas de España e á Unión Europea. Ortega pensaba e dicÃa que España debÃa unirse e para iso o sistema que se debe seguir unidos e progresando era o seguinte: proyectar empresas comúns. Textualmente dicÃa:
Mientras España tuvo empresas a que dar cima y se cernÃa un sentido de vida en común sobre la convivencia peninsular, la incorporación nacional fue aumentando o no sufrió quebranto. (Isto tamén está tomado da páx 43 da citada España invertebrada)
¿Era todo esto unha ensoñación dos dous autores coetáneos e contemporáneos D. José Ortega e D. Xosé Fernando Filgueira Valverde? Pois, penso que non. Creo que é unha posibilidade aberta e suxestiva para Galicia e España. Creo isto por dúas razóns: unha de tipo histórico e outra baseada en feitos constatables.
- Os feitos constatables patentÃzanse na propia existencia do Comité de Rexións Europeas e da participación efectiva das Comunidades Autónomas e Rexións recoñecidas na Comisión Europea. Por exemplo, nos xornáis do mércores 14 de outubro puidemos ver: Galicia impón, por unanimidade, as súas ideas sobre acuicultura ante o Comité das Rexións da U. E. (¡Noraboa á Dirección de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta!)
- A razóns de tipo histórico están, por unha parte, no TÃtulo X da Constitución actual no que se contempla a posibilidade de reforma da propia Carta Magna.. Por outra parte. na historia do proceso de elaboración do primeiro Estatuto de Galicia temos un precedente alentador. Neste eido quero, para rematar, recordarlles o que se di na nota (páxina 14 da publicación) da que estamos a falar:
A Asemblea de Municipios foi promovida polo Alcalde de Santiago Raimundo López Pol, nela tivo un papel destacado o concelleiro e profesor universitario Enrique Rajoy Leloup.
Loxicamente, cabe pensar e penso que o neto de D. Enrique pode saber dabondo sobre autonomismo.
Ferrol é a primeira das 13 citas co libro e a lectura que terán os galegos e galegas en diferentes vilas e cidades das catro provincias. Tras esta cidade, recollerá o relevo Santiago de Compostela, do 2 ao 10 de maio; Lugo, do 13 ao 17 de maio; O Porriño, do 14 ao 17 de maio; Redondela, do 11 ao 14 de xuño, e Ourense, do 17 ao 20 de xuño. Xa no mes de xullo, Vigo abrirá o dÃa 1, prolongándose ata o dÃa 7, continuando en Ponteareas, desde o dÃa 9 ata o 12, e en Rianxo do 23 ao 26. Finalmente, en agosto, as Feiras do Libro viaxarán ata A Coruña, do 1 dÃa ata o 10; Viveiro, do dÃa 13 ao 19; Foz do 20 ao 23, e rematarán en Monforte de Lemos, onde se celebrará do dÃa 26 ao 29 de agosto.
O número de persoas en Galicia que le ocasional ou habitualmente na nosa lingua medra en case nove puntos ata acadar o 72 %, isto é, sete de cada dez galegos. Ademais deste incremento do 13 por cento na lectura ocasional ou habitualmente en galego con respecto ao ano anterior, o estudo de 2025 tamén revela a consolidación dunha Galicia lectora, reflectida no sindicadores que sinalan que o 96,5 % da poboación maior de 14 anos le en calquera medio e soporte, o que sitúa a nosa Comunidade nun 1,4% por enriba da media de España. Ademais, o 70 % destas lecturas son de libros.