Notas de prensa

Os artesáns falan dos instrumentos tradicionais nunha xornada do Consello da Cultura Galega (CCG)

O rexurdir da música popular dos anos setenta coincidiu cun cambio de ciclo que tamén lle afectou á fabricación dos propios instrumentos musicais. O encontro dálle voz a Álvaro Seivane, Xaneco Tubío, Oli Xiráldez e César Loureiro que falarán de recuperar a tradición pero tamén de innovación.

“A xornada pretende botar unha ollada a un campo que está na base da música tradicional como é o da artesanía que constrúe os instrumentos e ao que se lle presta pouca atención” explica Xosé Vicente Ferreirós, coordinador da xornada “Os instrumentos tradicionais baixo a perspectiva dos artesáns”. O encontro, que ten lugar o venres 13 de novembro no Consello da Cultura Galega, dálle voz a Álvaro Seivane, Xaneco Tubío, Oli Xiráldez e César Loureiro que falarán de recuperar a tradición pero tamén de innovación.

O rexurdir da música popular dos anos setenta coincidiu cun cambio de ciclo que tamén lle afectou á fabricación dos propios instrumentos musicais. “Á morte de Basilio Carril, de Paulino Pérez ou mesmo de García de Riobó, todos eles artesáns moi coñecidos, parecía que o oficio estaba condenado a desaparecer pero aconteceu todo o contrario, xurdiron as primeiras escolas das que emerxeu xente moi nova que está a facer un bo traballo” explica Ferreirós. Esta xornada pretende poñer o foco nestes novos artesáns, como souberon conectar coa tradición para facer uns instrumentos de calidade que abastecen tanto ao mercado galego como internacional. Para o coordinador deste encontro “non é raro atopar, por exemplo, unha gaita galega en Xapón ou en América Latina”.

“Son xente nova, formada, que está a facer o seu traballo sen que supoña unha creba co pasado” explica Ferreirós. Da gaita falará Álvaro Seivane, membro da coñecida saga familiar de artesáns mentres que Oli Xiráldez, que tamén é artesán de gaitas, centrarase nas frautras traveseiras na tradición musical galega. A zanfona estará presente por partida dobre: Xaneco Tubío achegarase a ese instrumento desde o punto de vista da tradición musical galega e César Loureiro desde “a busca do son nun modelo de zanfona contemporánea”, como se titula o seu relatorio.

Consello da Cultura Galega, 2015-11-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma-galicia.jpg) O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
Foto de la tercera plana (womex-2026.jpg) A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.

Notas

A Universidade de Vigo acollerá os días 4, 5 e 6 de novembro a 5th European School on Environmental Applications of Advanced Oxidation Processes (5thEPS-AOPs), un encontro científico internacional que reunirá expertos, persoal investigador, estudantes de doutoramento e representantes do sector empresarial para abordar os últimos avances en tecnoloxías de descontaminación ambiental e tratamento sostible da auga.
A UDC pon en marcha InPacto, unha iniciativa que busca achegar a investigación de excelencia á cidadanía e fortalecer a conexión entre universidade, empresa e sociedade. Este programa reúne por primeira vez nun proxecto común ao persoal investigador Ramón y Cajal (R&C) da UDC para desenvolver unha programación de actividades de divulgación, transferencia de coñecemento e participación social.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES