
A vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva, e a decana da Facultade de Humanidades de Lugo, María Isabel González Rey, inauguran o xoves 12 de novembro, ás 10.00 horas, unha xornada en mediación e xestión cultural organizada pola Aula Profesional de Cultura do devandito centro universitario que leva por título Qué debemos coñecer da cultura?.
A importancia do saber humanístico para a industria cultural, as ciencias humanas como alternativa para enfrontar a realidade, o uso das TIC na difusión do patrimonio cultural, os criterios para o deseño de produtos culturais atractivos, a función dos guías turísticos como mediadores culturais, a xestión cultural na actualidade, o prestixio do audiovisual galego e a suficiencia ou falta de información no eido profesional das ciencias da cultura constitúen algúns dos temas sobre os que afondarán os distintos relatores convidados a participar nesta xornada, que se desenvolverá en quenda de mañá e tarde.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.