O BNG parabenizou á coordinadora de Iniciativa pola Unión polo impecable desenvolvemento das primarias coa participación de 4.022 persoas que elixiron aos integrantes de NÓS-Candidatura Galega para o 20D. “O proceso de primarias abertas funcionou á perfección”, subliñou o portavoz nacional, Xavier Vence, “quen quixo candidatarse e participar puido facelo sen limitación algunha”.
Salientou a participación de militantes de todas as forzas polÃticas integradas en IpU, -Bloque, PG, PCPG, Foga, TG-, militantes recoñecidos mesmo de forzas polÃticas que non participaron directamente no proceso de primarias, como CxG, Cerna ou EU, e especialmente das persoas sen adscrición polÃtica algunha.
“Diversidade e pluralidade, unha bocalada de ilusión porque coa elección da candidatura empeza unha nova etapa para seguir sumando forzas e persoas para o 20D ser a voz propia e potente que defenda Galiza no Congreso, e para facer unha mudanza profunda das polÃticas neoliberais”, alegou Vence.
“Para todos e todas as que queremos unha candidatura en clave de paÃs, plural, para defender a Galiza con uñas e dentes no Congreso dos deputados, o noso status como nación, para combater as polÃticas de recortes de dereitos e de servizos, imos ter a papeleta de NÓS-Candidatura Galega que representa eses valores e aspiracións”.
Neste sentido, o Bloque considera que o máis importante empeza agora “coa elaboración dun programa participativo para mudar as cousas e para que Galiza teña quen a defenda de verdade no Congreso”. Defensa dos servizos públicos, dos sectores produtivos para xerar emprego, das conquistas sociais e do pleno autogoberno, serán os eixos dese programa elaborado colectivamente.
“NÓS-Candidatura Galega é a opción de todos os galegos e galegas que queren ter en Madrid un grupo parlamentario propio que só obedeza ao que se decida en Galiza sen estar supeditados ao ditado ou estratexia de ningún grupo estatal. Unha candidatura de nós, pensados por nós, elaborada polos galegos e galegas para defendernos no Congreso nunha lexislatura que será clave”, explicou Vence.
Neste sentido, o Bloque considera que NÓS “é a única candidatura decidida en Galiza para representar a Galiza sen supeditacións a ningún grupo estatal”. Todos os galegos e galegas terán a opción de escoller a papeleta de NÓS-Candidatura Galega fronte a outras listas, “incluÃda a que se supedita á estratexia de Podemos”.
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañÃas galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos tÃteres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e TÃteres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.