
Na presentación interviñeron, ademais da autora, a escritora e escultora Pepa Nieto, a editora Charo Fierro, e o coordinador de Actividades Culturais da Casa, Ramón Jiménez, que o fixo en nome do delegado da Xunta de Galicia en Madrid/Director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López. O acto estivo amenizado e foi clausurado coa actuación musical do guitarrista Federico Rico e entre os asistentes tamén se achaba Antonio J. Huerga, da editoral.
Jiménez lembrou que Yolanda López xa presentou hai un ano na Casa o que entón era o seu último libro, o premiado Tántalo, escrito en galego, e observou que nesta ocasión o poemario está en castelán. Tamén resaltou que a autora recibiu numerosos premios literarios.
Con versos contundentes, de exquisita limpeza e autenticidade, nun libro composto por un conxunto de poemas curtos que poderiamos cualificar dun só poema desde o seu comezo ata o final, e cunha linguaxe extremadamente coidado, Yolanda López vainos aproximando ao seu mundo, un mundo íntimo, reflexivo e profundo, no que nos involucramos facilmente, valorou Pepa Nieto.
Fierro explicou que Con el tambor del viento reúne un conxunto de breves poemas que conforman diversos brillos, iluminando un universo moi persoal, íntimo, erótico e profundo. Yolanda tece para o lector a súa rica espiritualidade a través de suxestivas metáforas que recorren a límpidos escenarios naturais e perfectamente reconocibles, sinalou.
Pola súa banda, Yolanda López confesou que este é o libro máis íntimo que escribín. Con versos oníricos, breves, espirituais e dosificando neles algún halo de erotismo. En todos os versos deixo ben patente as miñas raíces, os meus escenarios naturais. O mar, a paisaxe verde son as miñas fontes de inspiración constantes, primeiro enriquécenme e logo o sentido transfórmoo en metáforas poéticas".
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.