Logo do éxito da celebración de Samaín comeza un mes de novembro cheo de actividades na axenda cultural do Concello de Ourense. Este xoves día 5, a cidade terá a oportunidade de escoitar ao famoso cuarteto neoiorquino Brentano. Desde a súa fundación no 1992, o cuarteto Brentano foi aclamado polo público e a crítica que desatou a súa brillantez técnica, coñecemento musical e elegancia estilística. Será no Teatro Principal á partir das 20.30 h, e as entradas xa se poden adquirir desde 5 .
O venres temos dúas citas importantes no Auditorio Municipal. Ás 18 h comezará o espectáculo infantil BB Circus, dirixido a bebés. BB Circus é a historia dun soño dun neno. O pequeno Martiño está crecendo e descubrindo as pequenas posibilidades que van aparecendo no seu mundo. As entradas teñen un prezo de 3 .
Ás 22 h será o turno de Una noche con Quique San Francisco. O versátil e premiado actor, presenta unha escolleita selección dos seus mellores e máis famosos monólogos cons que triunfou en escenario e programas tan emblemáticos como El club de la comedia ou El hormiguero. O prezo das entradas é de 16 .
O sábado día 7, a programación vai enfocada a un clásico estilo musical, Un día en la ópera, proxecto ambicioso que xunta sobre o escenario catro solistas de gran proxección artística internacional e ofrece un repertorio cos mellores momentos da historia da ópera. Será no Auditorio ás 20.30 h e as entradas á venda teñen un prezo de 8 .
Finalmente, o domingo ás 12 h, temos unha nova cita coa programación infantil, está vez cun espectáculo dirixido aos maiores de 5 anos que poderán gozar con A viaxe de Rosalía. A protagonista desta viaxe non é outra que Rosalía de Castro, que vén coa súa madriña Francisca, e xuntas contará pasaxes da vida da artista e algúns dos seus poemas.
Todas as entradas pódense adquirir en ataquilla.com ou dúas horas antes do comezo de cada espectáculo.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.