Notas de prensa

Un simposio e un ciclo de conferencias e mesas redondas póñenlle o ramo á programación das Letras galegas 2015

A Consellería de Cultura e Educación, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, a Fundación Barrié e a Deputación de Pontevedra promoven a iniciativa Filgueira Valverde na cultura galega do século XX, que se realiza os días 10, 11, 24, 26 e 27 de novembro na capital galega e nas cidades da Coruña e de Pontevedra.

Filgueira Valverde na cultura galega do século XX é o título que lle dá nome ao simposio científico e ao ciclo de conferencias e mesas redondas que se celebrarán os próximos días 10, 11, 24, 26 e 27 de novembro arredor do escritor, investigador e erudito a quen a Real Academia Galega (RAG) lle dedicou en 2015 as Letras Galegas, e que terán lugar nas cidades de Santiago de Compostela, da Coruña e de Pontevedra.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a RAG, o Consello da Cultura Galega (CCG), a Fundación Barrié e a Deputación de Pontevedra promoven esta iniciativa, que foi presentada hoxe en rolda de prensa na cidade natal do escritor coa participación de representantes das cinco institucións.

“Estas actividades permitirán botar nova luz sobre a figura de Filgueira Valverde a través de voces expertas e desde moi diversas perspectivas”, afirmou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, quen destacou a celebración das Letras Galegas como unha excelente oportunidade para divulgar e poñer en valor o legado literario e cultural dos principais escritores e escritoras galegos.

Anxo Lorenzo participou na presentación xunto con Xesús Alonso Montero, presidente da RAG; Fernando Filgueira Iglesias, fillo de Xosé Filgueira Valverde; José Enrique Fernández, director de Patrimonio e Cultura da Fundación Barrié; Francisco Díaz-Fierros, vicepresidente do CCG; Xosé Leal, deputado provincial de Cultura; e Xosé Carlos Valle, director do Museo de Pontevedra participaron no acto, no que se deu a coñecer o programa.

Participación de recoñecidos especialistas

Recoñecidos especialistas de diversas universidades e institucións estudarán aspectos da vida e da obra do intelectual pontevedrés nestas sesións académicas e divulgativas arredor de Filgueira Valverde, que serán obxecto da edición dun volume de actas. Henrique Monteagudo, pola RAG; Diego Rodríguez, pola Fundación Barrié; Carlos Valle, polo Museo de Pontevedra; e Francisco Díaz-Fierros, polo CCG, coordinarán en cadansúa sede as diversas actividades, que contribuirán a afondar no coñecemento sobre a vida e obra do intelectual pontevedrés.

Programación arredor das Letras Galegas

A Xunta de Galicia, en colaboración con diversas institucións e organismos, vén planificando anualmente unha programación para apoiar a difusión pública do perfil e da obra do autor/a homenaxeado/a coas Letras Galegas e, ao mesmo tempo, reforzar o valor social da lingua galega cun carácter transversal no conxunto dos ámbitos sociais.

Con ese obxectivo, Cultura e Educación promoveu ao longo deste ano un completo programa de actividades arredor de Filgueira Valverde –cuxo legado intelectual, coa súa inxente e importante obra, o converte nunha das figuras centrais na vida cultural galega do século XX–, na procura de facer partícipe da celebración a cidadanía de todo o territorio e impulsar unha conmemoración compartida entre as entidades de referencia en Galicia no ámbito cultural.

Edicións conmemorativas, exposicións, a páxina web oficial de Filgueira e iniciativas de divulgación nas redes sociais, traducións da súa obra a outros idiomas, mostras bibliográficas nas bibliotecas centrais territoriais de toda Galicia, obradoiros para os máis pequenos e actuacións musicais son algunhas das propostas que centraron a programación das Letras Galegas 2015.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-11-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros-biblioteca.jpg) Ferrol é a primeira das 13 citas co libro e a lectura que terán os galegos e galegas en diferentes vilas e cidades das catro provincias. Tras esta cidade, recollerá o relevo Santiago de Compostela, do 2 ao 10 de maio; Lugo, do 13 ao 17 de maio; O Porriño, do 14 ao 17 de maio; Redondela, do 11 ao 14 de xuño, e Ourense, do 17 ao 20 de xuño. Xa no mes de xullo, Vigo abrirá o día 1, prolongándose ata o día 7, continuando en Ponteareas, desde o día 9 ata o 12, e en Rianxo do 23 ao 26. Finalmente, en agosto, as Feiras do Libro viaxarán ata A Coruña, do 1 día ata o 10; Viveiro, do día 13 ao 19; Foz do 20 ao 23, e rematarán en Monforte de Lemos, onde se celebrará do día 26 ao 29 de agosto.
Foto de la tercera plana (libros.jpg) O número de persoas en Galicia que le ocasional ou habitualmente na nosa lingua medra en case nove puntos ata acadar o 72 %, isto é, sete de cada dez galegos. Ademais deste incremento do 13 por cento na lectura ocasional ou habitualmente en galego con respecto ao ano anterior, o estudo de 2025 tamén revela a consolidación dunha Galicia lectora, reflectida no sindicadores que sinalan que o 96,5 % da poboación maior de 14 anos le en calquera medio e soporte, o que sitúa a nosa Comunidade nun 1,4% por enriba da media de España. Ademais, o 70 % destas lecturas son de libros.

Notas

Un espazo de encontro entre academia, arte e sociedade. Arrancou no edificio Redeiras da UVigo o congreso internacional 'Escrituras potenciais: o ordinario e o infraordinario', unha cita coorganizada entre as universidades de Vigo e Sorbonne Nouvelle polos especialistas Hermes Salceda e Alain Schaffner, figuras claves no estudo da narrativa contemporánea francesa e, máis concretamente, da obra de Raymond Roussel, toda unha referencia nas chamadas literaturas potenciais.
O Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña acolleu a inauguración da exposición 'A Miraxe Dixital'. A mostra é o resultado do traballo e da convivencia da artista británica Louise Ward Morris en colaboración co persoal investigador do centro, tras seis meses de traballo pola residencia artística concedida a través do Ministerio de Cultura.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES