Notas de prensa

O Museo do Mar promove un café científico por Perseguindo a Mr. Goodfish

Este encontro está pensado como unha charla distendida e desenfadada na que se aborda a divulgación científica desde unha perspectiva lúdica. A bióloga mariña Dolores Garabana e a bióloga pesqueira Paz Sampedro (ambas do Instituto Español Oceanográfico), e o actor Vicente Mohedano axudan ao público a despexar os segredos do mar.

O Museo do Mar de Galicia, en Vigo, invita a todos os interesados a que se acheguen o venres 23 de outubro, ás 19,00 horas, a participar dun “café científico” sobre o mundo do mar.

Este encontro está pensado como unha charla distendida e desenfadada na que se aborda a divulgación científica desde unha perspectiva lúdica. Na charla participarán a bióloga mariña Dolores Garabana e a bióloga pesqueira Paz Sampedro (ambas do Instituto Español Oceanográfico), e o actor Vicente Mohedano, que, coa axuda do público, debullarán os segredos mellor gardados da preservación do mar e animarán a rescatar o científico que levamos dentro.

Esta actividade enmárcase dentro das programadas con motivo da exposición “Perseguindo a Mr. Goodfish”, que promove o consumo responsable dos produtos mariños, e que permanecerá aberta ao público ata o 29 de novembro.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-10-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma-galicia.jpg) O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
Foto de la tercera plana (womex-2026.jpg) A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.

Notas

A Universidade de Vigo acollerá os días 4, 5 e 6 de novembro a 5th European School on Environmental Applications of Advanced Oxidation Processes (5thEPS-AOPs), un encontro científico internacional que reunirá expertos, persoal investigador, estudantes de doutoramento e representantes do sector empresarial para abordar os últimos avances en tecnoloxías de descontaminación ambiental e tratamento sostible da auga.
A UDC pon en marcha InPacto, unha iniciativa que busca achegar a investigación de excelencia á cidadanía e fortalecer a conexión entre universidade, empresa e sociedade. Este programa reúne por primeira vez nun proxecto común ao persoal investigador Ramón y Cajal (R&C) da UDC para desenvolver unha programación de actividades de divulgación, transferencia de coñecemento e participación social.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES