Notas de prensa

Voluntarios de Protección Civil dispoñen de 42 novos todoterreos pick-up

Entregáronse todoterreos, remolques con carpas presurizadas, esparexadores de sal e furgóns para transporte e loxística. A entrega é froito dunhas axudas de máis de catro millóns, que reforzan os sistemas de emerxencias dos concellos, e un exemplo máis dos beneficios cidadáns da colaboración entre administracións públicas.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda fixo entrega na sede da Academia Galega de Seguridade Pública de 42 vehículos todo terreo tipo pick-up destinados ás Agrupacións de Voluntariosa de Protección Civil da nosa comunidade, onde destacou a importancia da frutífera colaboración entre Administracións, en especial cando se trata dun eido tan sensible e importante como é o das emerxencias e a seguridade cidadá.

Mediante a Orde do 28 de xaneiro de 2015, para a adxudicación de equipamentos de emerxencia, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, no marco de Programa Operativo Feder-Galicia 2007-2013, fixéronse entrega de 42 todo terreos tipo pick-up, logo de que foran xa entregados remolques para atención ás emerxencias, esparexadores de sal adaptados a remolques ou vehículos todoterreo, ademais de remolques con carpa presurizadas

O acto tivo lugar na Academia galega de Seguridade Pública, na Estrada e contou coa presenza de alcaldes e membros das Agrupacións, así como dos dos delegados territoriais da Xunta na Coruña, Pontevedra e Ourense e do director xeral de Emerxencias Interior, Luis Menor.

Rueda aproveitou o acto para enxalzar o traballo diario das asociacións de Protección Civil galegas e destacou o compromiso da Xunta con todas elas, dotándoas dos medios necesarios para que poidan ser máis efectivas e eficaces na súa resposta ante as emerxencias. A distribución destes medios fíxose “onde máis se precisaba”, seguindo criterios obxectivos e primando, por exemplo, aos concellos con maior número de actuacións e voluntarios, o risco potencial de emerxencias e a distancia con outros servizos de emerxencias coma bombeiros ou GES.

Distribución de todoterreos pick-up

Desta volta foron entregados para os concellos de Abegondo, Bergondo, Betanzos, Culleredo, Narón, As Pontes, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Santa Comba; na provincia da Coruña. Para a provincia de Lugo foron entregados todoterreos para os concellos de Barreiros, Friol, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Vilalba e Viveiro. Á provincia de Ourense correspondéronlle aos concellos de Bande, Carballiño, Chandrexa de Queixa, Coles, A Gudiña, Manzaneda, Muíños, Piñor, Pobra de Trives, A Veiga, Verín, Xinzo de Limia e Laza.

E finalmente para a provincia de Pontevedra foron entregados aos concellos de Caldas de Reis, Cambados, Cangas, Lalín, Mos, Ponteareas, Porriño, Ribadumia, Tomiño, Valga, Vilagarcía de Arousa, e para a Mancomunidade de Val Miñor.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-10-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES