
O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acolle o 28 de novembro o I Encontro de Performance Cuarto Público, unha iniciativa promovida por Territorio Cultura coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que ten como principal obxectivo apoiar a produción artística actual.
A convocatoria do evento, que se presenta como o preludio da terceira edición da feira de arte contemporánea Cuarto Público que se realizará en 2016 foi presentada esta mañá en rolda de prensa polas directoras da feira, Xulia Santiso e Paula Cabaleiro; polo director do CGAC, Santiago Olmo; e polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, quen destacou o interese deste encontro para lle dar visibilidade a unha disciplina de primeiro nivel no panorama artístico.
Un escaparate único
Durante a xornada do 28 de novembro, o CGAC converterase nun escaparate único no que os e as artistas que participen terán a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos, afirmou o secretario xeral. Ademais de darlle visibilidade a unha experiencia artística cada vez máis valorada, o encontro tamén favorecerá a reflexión arredor da performance. Para iso contará cunha figura de recoñecido prestixio internacional como é Alicia Framis, que ofrecerá un relatorio maxistral para lles achegar a público e artistas o seu traballo.
Para participar no encontro
O I Encontro de Performance Cuarto Público está dirixido a todos os creadores, de xeito individual ou colectivo, sen ningunha limitación de idade, nacionalidade, residencia, formación ou disciplina traballada que se queira aplicar na performance. Poden presentarse todo tipo de accións artísticas, que poidan ser realizadas en directo. A obra debe ser inédita e a temática e as técnicas son libres.
A documentación necesaria para participar debe incluír unha descrición conceptual da acción artística, imaxes, unha ficha técnica completa, os datos persoais do artista ou dos artistas, o currículo artístico resumido e un dossier de obra recente.
Premios
Entre as propostas que se presenten para participar no encontro, un xurado conformado polo director da Fundación RAC, Carlos Rosón; polo conservador xefe da Fundación Granell, Eduardo Valiña; polas directoras de Cuarto Público e polo director do CGAC seleccionará as dúas mellores accións, que recibirán cadanseu premio de 750 euros máis IVE. A resolución dos premios farase pública o 16 de novembro.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.