Notas de prensa

Manuel Baltar presenta a promo documental da Ourense ICC Week

O documental da “ICC Week 2015” será oficialmente presentado no Festival de Cine de Ourense e, posteriormente, terá lugar a súa estrea en Madrid, para que “novamente Ourense sexa no ano 2016, un referente na vangarda creativa das industrias culturais de ámbito nacional e mesmo internacional".

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presentou no Centro Cultural “Marcos Valcárcel, xunto co deputado de Cultura, Manuel Doval e o asesor de Cultura da Deputación de Ourense, Aurelio Gómez Villar, o vídeo promocional da “Ourense ICC Week 2015” así como a canle de youtube “Ourense ICC Week”.

O documental da “ICC Week 2015” será oficialmente presentado no Festival de Cine de Ourense e, posteriormente, terá lugar a súa estrea en Madrid, para que “novamente Ourense sexa no ano 2016, un referente na vangarda creativa das industrias culturais de ámbito nacional e mesmo internacional”, asegurou Manuel Baltar, e engadiu, “o impacto da ICC Week foi evidente, a Deputación de Ourense xa facía cuestións culturais importantes que apostaban polo tradicional e compleméntase esa actividade cultural cunha aposta pola cultura de vangarda e a creatividade coa ICC Week 2015”.

Esta iniciativa cultural conta xa cunha canle de youtube, “Ourense ICC Week”, onde xa é posible visionar tanto o video promocional presentado esta mañá como as conferencias da xornada inaugural do presidente da Deputación de Ourense e do economista Pau Rausell. Nesta canle iranse subindo todos os relatorios celebrados no certame, o único evento a nivel nacional no ámbito de creatividade cultural nas súas máis variadas facetas e disciplinas, como a videográfica, audiovisual e literaria.

Asemade, o presidente da Deputación de Ourense adiantou algún dos preparativos que se están a levar a cabo para a celebración da “ICC Week 2016” enmarcado dentro do Plan 15-19, entre as que cabe destacar “a actuación en directo dun artista de primeiro nivel”, asegurou Manuel Baltar. Esta nova edición tamén contará coa característica da descentralización das actividades “para que todo o territorio da provincia se beneficie desta sacudida intelectual e de vangarda que sen dúbida vén a enriquecer o discorrer creativo e cultural da nosa provincia”, declarou Manuel Baltar.

Adxuntamos o enlace no que se accede ao canal de youtube de “Ourense ICC Week”: https://www.youtube.com/channel/UCNAY-Rdx3wrqCCkZLYv83-w

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense, 2015-10-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (ensino-edixgal.jpg) Un total de 596 centros de Primaria e Secundaria de toda Galicia van participar o vindeiro curso no programa de ensino híbrido E-Dixgal. A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP incorpora á iniciativa, a petición dos centros, dous colexios e deciden saír outros tres, de xeito voluntario. En concreto, os centros de nova incorporación son os colexios CEIP de Castrelo de Miño (Castrelo de Miño, Ourense) e o CEIP de Valeixe (A Caniza, Pontevedra). No que atinxe ás renuncias, son as do CEIP de Zalaeta (A Coruña), CEIP Península da Paz (Cervo) e a do Instituto Martaguisela (O Barco).
Foto de la tercera plana (festival.jpg) Durante seis días do mes de setembro, a cidade de Vigo acollerá un ciclo de concertos único que reunirá diferentes xeracións, estilos musicais e públicos nunha contorna privilexiada: o peirao de transatlánticos do Porto de Vigo, un espazo aberto ao Atlántico e situado en pleno corazón da ría de Vigo. Son e Mar combina música, identidade cultural e experiencia colectiva nunha programación pensada para todos os públicos. Ao longo do ciclo, preto de 50 artistas pasarán polo escenario principal e espérase unha asistencia superior ás 35.000 persoas entre todos os eventos programados.

Notas

Galicia prepárase para acoller a edición máis expansiva do festival Pint of Science, que este ano se celebrará de xeito simultáneo en 14 localidades galegas do 18 ao 20 de maio. O evento, que busca sacar a ciencia dos laboratorios e levala ao ambiente distendido dos bares, marca un fito en 2026 ao consolidar a súa presenza tanto nas sete grandes cidades como en concellos do rural e vilas de toda a xeografía galega.
Este mes de maio o campus de Ourense acolle a celebración dun ciclo dedicado a Edgar Neville, 'unha das figuras máis singulares e poliédricas do cinema español'. A iniciativa, froito da colaboración da Vicerreitoría do campus e o Ourense Film Festival (OUFF), está composta por catro proxeccións, unha cada xoves de mes, de obras cinematográficas deste autor, cuxa produción abrangue dende o fantástico ata a comedia costumista.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES