
A xornalista, escritora, guionista de televisión e de cine e actriz Elvira Lindo, recibirá dentro do Festival Internacional de Cine de Ourense o premio Irmandade do Libro na súa terceira edición, concedido pola Federación de Libreiros de Galicia para o mellor guión adaptado polo propio autor.
O premio recoñece así o labor da prolífica autora, que escribiu o guión para as películas La primera noche de mi vida, xunto a Miguel Albadalejo; Manolito Gafotas (personaxe que ela mesmo interpretou na radio); Ataque verbal, tamén con Albadalejo; Plenilunio, adaptación da novela de Antonio Muñoz Molina; ou La vida inesperada.
Ten no seu haber numerosos e recoñecidos premios, como o Nacional de Literatura Infantil, que lle foi concedido en 1998 por Los trapos sucios de Manolito Gafotas; igualmente, estivo nominada para o Goya ao mellor guión adaptado no ano 2000 por Manolito Gafotas
A distinción a Elvira Lindo é a terceira que se concede dentro do Festival Internacional de Cine de Ourense. A primeira foi para o escritor, director e guionista galego Angel de la Cruz, por Enrugas; a segunda, o pasado ano, recaeu en Carlos Bardem por Alacrán enamorado. O premio foi instituído para recoñecer a frutífera relación entre cine e literatura, que ten permitido crear filmes de calidade e que teñen acadado gran éxito.
A entrega terá lugar o próximo día 15 de novembro, segunda xornada do Festival, no transcurso dun acto a celebrar no Teatro Principal.
Fotografía: http://www.elviralindo.com/blog/
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.