Notas de prensa

Preséntase Contos en rede, a nova actividade do programa FalaRedes 2015

Ana Carreira, Inacio Vilariño e Santi Prego son os contacontos que han pasar por 30 entidades da Rede de Dinamización Lingüística ata finais de novembro como aposta "quere poñer en valor a transmisión oral". A Lama, Carballedo, Mondariz e Zas daranlles a benvida ao 'Contos en rede' esta fin de semana, con entrada libre e de balde ata completar a capacidade das salas.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou na Cidade da Cultura a nova actividade en xira do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2015, que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria levará por entidades adscritas á Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

Trátase dunha actividade exclusivamente oral que, en palabras de García, "quere poñer en valor a transmisión oral e o poder da mesma".

Serán 30 entidades (27 municipios e 3 mancomunidades) as que gocen deste nova proposta de contadores, que está programada para os meses de outubro e novembro.

Os contadores

Os contadores Ana Carreira, Inacio Vilariño e Santi Prego serán os encargados de levar adiante estes contacontos para público de calquera idade que se pon en marcha cos obxectivos primordiais de incentivar o uso do galego oral como ferramenta de creación artística, aumentar a oferta de actividade cultural en lingua galega e máis espallar o traballo dos artistas que realizan a súa actividade na lingua propia de Galicia.

O espectáculo

O outono é tempo de xuntanzas a carón do lume para escoitarmos os contos que, de xeración en xeración, veñen transmitíndose en lingua galega. Contos novos e vellos, cheos de intriga ou de humor, é precisamente o que nos trae esta nova actividade de FalaRedes.

O calendario desta edición, que vai deste sábado 10 de outubro ao 29 de novembro, inclúe un total de 27 localidades galegas: A Baña, A Cañiza, A Lama, Arzúa, Barro, Boiro, Cabana de Bergantiños, Carballedo, Carral, Castrelo de Miño, Castro Caldelas, Corcubión, Cotobade, Cuntis, Mondariz, Ordes, Outeiro de Rei, Outes, Palas de Rei, Pereiro de Aguiar, Ponte Caldelas, Quiroga, Rois, Salceda de Caselas, San Critovo de Cea, Val do Dubra, Valga, Viana do Bolo, Vilaboa e Zas.

A estrea do espectáculo é este sábado 10 en Carballedo da man de Inacio Vilariño (no Salón de Actos do Concello, ás 20:00 h), e en Zas o mestre de cerimonias será Santi Prego (no Auditorio de Baio, ás 21:30 h).

O domingo volve haber programa dobre do 'Contos en Rede': no concello da Lama (na Casa do Pobo, ás 17:30 h, con Inacio Vilariño) e en Mondariz (no Centro Social, ás 19:00 h, con Santi Prego).


Todas as datas e espazos de celebración pódense consultar no web institucional www.lingua.gal e tamén na Axenda de Cultura de Galicia.

Novas propostas para dinamizar o galego

A cuarta edición do programa de dinamización lingüística FalaRedes, que está en marcha desde o mes de marzo, trae consigo propostas de lecer en galego pensadas para todas as idades. Con elas preténdese promover o uso e máis a valoración positiva da lingua propia de Galicia. As actividades están a chegar a concellos da RDL, coa colaboración das deputacións provinciais que participan nela en concellos das súas competencias territoriais.

FalaRedes

O programa de dinamización lingüística chega á súa cuarta edición, logo do éxito colleitado nas case 600 actividades desenvolvidas no marco da RDL durante os tres primeiros anos de desenvolvemento deste programa. As propostas que se integran nel ano a ano buscan cumprir os obxectivos emanados do Plan xeral de normalización da lingua galega, nomeadamente, aqueles que animan a promover o uso e a valoración positiva da lingua propia de Galicia na infancia, na mocidade e na familia, enchendo o seu tempo de lecer con actividades de calidade no noso idioma.

Desde o 28 de marzo e ata finais de decembro chegará aos concellos da RDL, unha iniciativa impulsada polo Goberno galego para incidir nunha promoción do uso do idioma desde as administracións local e autonómica dun xeito coordinado e planificado. Na actualidade conta con preto de 170 entidades adscritas.

Máis información sobre FalaRedes 2015 no web institucional da Secretaría Xeral de Política Lingüística http://ir.gl/a416b6 [nova venta] e nas redes sociais.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-10-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (playdoc-tui-2025.jpg) O festival Play-Doc desenvolverá do 29 de abril ao 3 de maio en Tui a súa 22ª edición para conectar memoria, creación actual e futuro do cinema galego e internacional. No ámbito galego, a programación desta edición volve ocupar un lugar central cunha Competición Galicia que reúne títulos de Xiana do Teixeiro, Roi Fernández, Xacio Baño, Adrián Canoura, Cristina Souto, Hugo Amoedo, Bea Lema, Berio Molina e Chloé Lecci López, entre outras voces. O festival mantén, ademais, a sección Sombras, dedicada nesta ocasión á recuperación da figura de Rafael Luca de Tena, e unha nova edición de Coming Soon, espazo no que se presentarán proxectos galegos en desenvolvemento. O Play-Doc continúa a reforzar a súa función de escaparate e plataforma de difusión para a produción audiovisual do país e como punto de encontro para novas obras e profesionais.
Foto de la tercera plana (libros.jpg) O número de persoas en Galicia que le ocasional ou habitualmente na nosa lingua medra en case nove puntos ata acadar o 72 %, isto é, sete de cada dez galegos. Ademais deste incremento do 13 por cento na lectura ocasional ou habitualmente en galego con respecto ao ano anterior, o estudo de 2025 tamén revela a consolidación dunha Galicia lectora, reflectida no sindicadores que sinalan que o 96,5 % da poboación maior de 14 anos le en calquera medio e soporte, o que sitúa a nosa Comunidade nun 1,4% por enriba da media de España. Ademais, o 70 % destas lecturas son de libros.

Notas

A campaña de escavación arqueolóxica realizada o pasado verán na Cova do Santo, no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá, Ourense), permitiu avanzar no coñecemento deste xacemento, considerado un dos contextos funerarios máis relevantes da Prehistoria recente en Galicia. Os traballos, dirixidos polos investigadores José Ramón Rabuñal e Diego Lombao, da USC, e do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais, enmárcanse nun proxecto centrado no estudo do poboamento prehistórico do parque.
O campus de Ourense acolle a celebración do seminario internacional Emprego sostible desde a perspectiva do piar europeo de dereitos sociais. Con el dáse continuidade ao proxecto Jean Monnet titulado 'The central role of the European UnionÂ’s social rights in employment in the twenty-first century (RightsEU)', coordinado desde a Ãrea de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da UVigo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES