
O Museo Municipal acolleu a presentación das 27 Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, un clásico da programación cultural da cidade que pretende descubrir novos talentos e espertar vocacións no mundo do cómic, e que durante todo o mes de outubro celebra exposicións e actividades en torno ao mundo das viñetas. A asociación Proxecto Benito Losada, organizadora do certame en memoria do que fora impulsor do mesmo a finais dos anos 80 desde a Casa da Xuventude, recibiu 22 traballos de 20 autores -un 25% máis que na edición anterior-, unhas obras que estarán expostas até o día 18 deste mes no propio Museo.
A concelleira de Cultura, Belén Iglesias, destacaba a importancia do lugar expositivo: un emblemático espazo cultural da cidade que irradia vitalidade con mostras coma esta. Pero non serán as únicas obras que se poidan ver: o primeiro andar comparte espazo con Creando nun garaxe, exposición realizada polos alumnos da Escola Profesional de Banda Deseñada e Ilustración de Galicia. No segundo andar do museo estará a exposición das Axudas Injuve para la Creación Joven 2014, que comeza a súa exposición pública precisamente na nosa cidade.
As Xornadas inclúen tamén un premio á mellor iniciativa e traxectoria destacada no ámbito da BD galega, que este ano recaeu no podcast de radio Metrópoles delirantes polo grande labor de difusión do cómic feito en Galicia.
En palabras de José Luís Vázquez Che, da Fundación Benito Losada, o máis importante destas xornadas, amplamente consolidadas, é que xeneran dinámicas profesionais. Así, quixo mencionar que unha editorial vasca especializada en BD xa se interesou por publicar as obras dos gañadores, así como a existencia dunha tenda especializada en BD e nacida baixo o signo das Xornadas.
Porén, unha das novidades máis destacadas deste ano é a recuperación do fanzine das Xornadas, que acada o seu número 22 logo da parálise da edición anterior.
O organizador quixo agradecer, igualmente, o firme apoio do Concello de Ourense, que achega o 50% do orzamento das xornadas: o departamento de Belén Iglesias, alén dos espazos expositivos e da montaxe, dá 3.000 euros para as Xornadas e o Outono Fotográfico, mentres que a Concellería de Xuventude fai unha achega de 16.000 euros.
Palmarés do IV certame Benito Losada de BD
O xurado, composto polo libreiro especializado Ricardo Rodríguez, do Sindicato del Cómic, o guionista e especialista en BD Carlos Rafael, e a ilustradora Lucía Pérez, profesora na academia El Atelier, outorgoulle os premios da IV edición do Certame Benito Losada de BD a:
Na categoría para maiores de 17 anos até os 35
-1° Premio: Víctor L Pinel / Alicia Jaraba Abellan por "Pendulum" 900
-2° Premio: Alicia Jaraba Abellan por "Superheroes" 300
Mención de Honra para: Elisabet García Aires por "Chejov",
Mención de Honra para: Pablo A. Rosendo por "s/título",
Mención de Honra para: Xulia Pisón Egea por "A única maneira"
Na categoría para menores de 17 anos
-1° Premio: Breixo Mosquera Freire por "Volvendo á rutina" 300
Mención de Honra para: Carlos Fandiño Soto por "A abella e o dardo",
Mención de Honra para:Iria Couso Buján por "s/título",
Mención de Honra para: Ismael López Arias por "Antón e Cibrán"
Fotografía: http://culturagalega.gal/axenda.php?Cod_axnda=71524
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.