
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria celebra o 30 de outubro un novo Magosto no Gaiás, que nesta edición estará dedicada ao baile. Para iso, contará coas actuacións de Os Cempés e os pandereteiros de O Fiadeiro, que estarán precedidas dunha degustacións de castañas da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia.
Por terceiro ano consecutivo, a Cidade da Cultura e Agadic celebran a chegada do outono cun tradicional magosto, que nesta ocasión conta cun programa que xira ao redor da danza galega e das danzas de roda europeas con música ao vivo. O obxectivo é lograr un espazo para o divertimento, o exercicio e a interacción social dun xeito lúdico, distendido e informal. Mais tamén unha oportunidade para a aprendizaxe de novos xéneros e bailes, conectando ao público galego ao movemento internacional do Bal Folk que en Europa vive un momento de grande intensidade.
Para conseguilo, a partir das 21:00 horas, o Museo Centro Gaiás contará coas actuacións de O Fiadeiro e Os Cempés, que achegarán o público a un repertorio de músicas tradicionais para un obxectivo único: bailar. A festa virá precedida dun magosto tradicional, que arrancará ao redor das 20:00, con degustación de castañas da IXP Castaña de Galicia.
O magosto máis o concerto teñen unha entrada conxunta de 5, que poden adquirirse na billeteira do Museo Centro Gaiás, de martes a domingo de 10 a 20 horas, ou por internet a través de www.ataquilla.com (+gastos de xestión). Como toda a programación da Cidade da Cultura, o Magosto no Gaiás conta con descontos para os socios do Club Gaiás e diversos colectivos especiais que se poden consultar en www.cidadedacultura.gal.
Obradoiros de balde pola tarde
Mais o Magosto deste ano non se limitará á noite. Será un programa ao redor da danza galega e das danzas de roda europeas con música en vivo, que contará a partir das 17 horas con dous obradoiros de iniciación ao baile: un serán con Sandra Vázquez e rodas e agarrados con Suso Cancelas e Pili Conde.
Ambos os dous obradoiros son de balde mais é preciso inscribirse en www.cidadedacultura.gal. As actividades son para todos os públicos pero no caso dos menores de 12 anos deberán vir acompañados dun adulto.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.