
A Axencia Galega das Industrias Culurais (Agadic) apoia a presenza das produtoras Bambú Producciones, Ficción Producciones, Filmanova, Maruxiña Films, Portocabo, R, Treeline Distribution, Yellow Train Productions e Zenit TV na 26ª edición do mercado MIPCOM, que arranca hoxe en Cannes (Francia). A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria reforza así a promoción do audiovisual galego no que é o meirande mercado mundial de contidos televisivos e de entretemento.
Esta misión comercial enmárcase, á súa vez, no programa de promoción exterior da industria do cinema e da televisión de Galicia, que a Agadic vén desenvolvendo xunto co Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) co obxectivo de favorecer a busca de compradores e socios internacionais para as producións galegas. En concreto, a participación en MIPCOM para a que se conta tamén coa colaboración do Cluster Audiovisual Galego é especialmente relevante no ámbito da produción e comercialización de todo tipo de formatos, programas e servizos para televisión.
Films from Galicia
Como en edicións anteriores, Galicia conta cun espazo propio en MIPCOM dentro do pavillón Audiovisual from Spain, promovido polo Instituto de Comercio Exterior (Icex), desde onde a Agadic está a difundir tanto os últimos proxectos das devanditas nove compañías como todas as producións reunidas na última edición do seu catálogo 'Films from Galicia'. Ademais de dispoñer deste recinto para a promoción e a celebración de xuntanzas de traballo, os representantes das empresas galegas reciben tamén apoio económico para financiar parte dos gastos de viaxe, aloxamento e inscrición no evento.
Dentro desta mesma liña de internacionalización, este ano Galicia contou con representación nas feiras Marché du Film e MIPTV de Cannes, así como no European Film Market de Berlín, no Festival International du Court Métrage de Clermont-Ferrand e no Mercado de Industrias Culturales Argentinas (MICA).
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.