
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicou no seu web a relación das 24 propostas seleccionadas para a terceira edición de 'Galicia Escena PRO', o mercado galego das artes escénicas, que se levará a cabo en Santiago de Compostela do 3 ao 6 de novembro.
Catro espazos da cidade Auditorio Abanca, Salón Teatro, SGAE/Fundación Autor e Teatro Principal acollerán a carteleira deste evento, que lles ofrece ás formacións artísticas galegas un espazo para o encontro cos representantes dos teatros, auditorios, salas e mostras escénicas cara á configuración da súa próxima temporada de exhibición.
Estreas absolutas
Na categoría de espectáculos completos, que este ano ampliou de 11 a 14 o número de títulos en cartel, a comisión encargada da selección elixiu dúas estreas absolutas ('Unhas poucas picadelas', de Teatro de Ningures, e 'Calypso', de Voadora), así como outras cinco propostas teatrais para público adulto: 'Panamericana', de A Panadaría; 'Noiteboa', de Redrum Teatro; 'Ensaio sobre a cegueira', de Sarabela Teatro; 'O principio de Arquímedes', de Teatro do Atlántico; e 'Presidente', de Teatro do Morcego). Haberá, ademais, un espectáculo de danza circo ('AIREnoAR', da compañía homónima) e seis propostas para público infantil, entre as que atopamos teatro de actor, de monicreques e danza ('Luppo', de Baobab Teatro; 'Feo!', de Caramuxo Teatro, 'Jim e a Illa do Tesouro', de Eme2 emoción&arte; 'Xoga', de Entremans; 'Don Quixote, unha comedia gastronómica', de Limiar Teatro; e 'Peer Gynt', de Viravolta Títeres).
Tamén no apartado de 'showcases', con 10 propostas seleccionadas, as compañías de referencia no panorama teatral galego conviven con novas formacións que están a traballar no ámbito das novas tendencias, como é o caso de ArtesaCía con 'Zugunruhe' e Colectivo Cinema Sticado con 'STRPTS//Episodio 1: Mirlo&Rula'. Ambas as dúas diríxense ao público adulto, do mesmo xeito que 'Os amos do mundo', de Bucanero, e 'O furancho', de Ibuprofeno Teatro, e as producións coreográficas 'Ulises e a nena durmida', de Ánxela Blanco, e 'Bailadores soñadores', de Nova Galega de Danza. Para todos os públicos está pensado o espectáculo 'Baraka', do Mago Xacobe, mentres que outros tres títulos están ideados para os espectadores máis novos: 'Non toques os meus círculos', de Artello Teatro; 'Xurdefet', de Berrobambán; e 'Manawee', de Matrioshka Teatro.
Adianto dos próximos proxectos
Unha das novidades que presenta o programa de Galicia Escena PRO deste ano é a incorporación dunha xornada de 'pitching', de xeito que as compañías que así o soliciten lles poderán presentar aos programadores asistentes un avance dos seus proxectos para a vindeira temporada. Esta sesión especial, para a que a Agadic abrirá proximamente unha nova convocatoria, terá lugar o último día do mercado como parte das actividades paralelas ao programa de exhibición e coincidindo coa celebración da asemblea ordinaria da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.