
PSOE e BNG inician o procedemento para devolver aos lucenses o Goberno progresista e nacionalista que
elixiron o 24M para a Deputación
O voceiro provincial do PSOE, Darío Campos Conde, e o voceiro provincial do BNG, Antonio Veiga Outeiro, adiantaron que ambas as dúas formacións políticas veñen de iniciar o procedemento para devolver aos lucenses o Goberno progresista e nacionalista que elixiron o 24M para a Deputación de Lugo. O 8 de outubro terá lugar o Pleno Provincial no que culminará este procedemento co nomeamento do novo Executivo, que presidirá Darío Campos Conde.
Campos Conde remarcou que o 8 de outubro plasmaremos no organismo provincial a decisión da maioría dos lucenses nas pasadas eleccións municipais: un Goberno progresista e nacionalista para a Deputación de Lugo. A partires dese mesmo día, retornaremos á provincia as políticas de progreso e poremos fin ás políticas destructivas e caciquís do Partido Popular. Durante estes meses, o PP só se adicou a facer da Deputación de Lugo unha Delegación máis da Xunta de Galicia, a pagar con cartos dos lucenses as débedas de Feijóo coa nosa provincia e a destruir, paralizar e bloquear proxectos de futuro do anterior Executivo, como a apertura dos primeiros centros para maiores da rede pública de residencias e centros de día da Deputación; a posta en marcha do primeiro centro de recría de gando vacún público en España na granxa Gayoso Castro ou a creación de 300 novos postos de traballo na provincia a través do Ben Empregado II.
Veiga Outeiro afirmou que imos abrir de novo as portas da Deputación e subliñou que vimos de dar o primeiro paso para devolver aos lucenses un goberno que nunca debeu estar en mans do PP porque a vontade dos lucenses reflexada nas eleccións municipais foi formar un Goberno nacionalista e progresista na Deputación de Lugo. Levaremos adiante un programa que xa está en marcha nas Deputación da Coruña e Pontevedra co PSOE e BNG, e atenderemos as verdadeiras preocupacións dos lucenses e a todos os Concellos da provincia, independentemente da súa cor política.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.