
A compañía Teatro do Morcego presenta en Santiago de Compostela o seu espectáculo Presidente no Teatro Principal. Dirixida por José Prieto, conta no elenco con Celso Parada, Mercedes Castro, César Goldi, Iolanda Muíños e Federico Pérez. Será o domingo 27, ás 20:30 horas, no Principal. As entradas, a 10 euros, poden mercarse tanto no despacho de billetes do propio teatro (aberto de 18:00 a 21:00 horas), como no 902 434 443 ou en entradas.abanca.com.
En plena campaña electoral, coas enquisas vaticinando a derrota electoral do seu partido, o presidente do goberno e os seus asesores deciden tomar unha iniciativa desesperada: o presidente visitará persoalmente aos votantes nas súas casas para convencelos de que o voten.
Distintas familias recibirán nas súas casas, sen previo aviso, a inesperada visita do presidente: unha familia humilde en situación crítica cos seus membros en paro, unha familia ultraconservadora preocupada pola perda dos valores tradicionais ou unha familia monoparental antisistema escoitarán de súpeto como soa o timbre da súa porta e diante deles aparece o presidente disposto a convencelos de que a súa opción é a mellor. Conseguirá o presidente o voto de xente tan variada, darlle a volta ás enquisas e continuar gobernando outros catro anos? O público coñecerá o resultado das eleccións ao final desta comedia electoral de manipulación política.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.