
A Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra acolleu a estrea da miniserie Vento ferido, un proxecto realizado por alumnos e alumnas de Comunicación Audiovisual e Publicidade do campus pontevedrés a partir da obra homónima do escritor Carlos Casares e que se enmarca no Curso de Medios Audiovisuais de Celanova.
Desde a Consellería de Cultura e Educación, particularmente desde a Agadic, e en colaboración coa Fundación Carlos Casares, coa Universidade de Vigo, co Concello de Celanova e coa Deputación de Ourense, seguimos comprobando o froito de apostar por esas experiencias que ofrecen un complemento práctico indispensable para a formación dos futuros profesionais do audiovisual, asegurou, en alusión ao curso, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, que participou no acto de estrea.
A literatura galega, fonte para a creación audiovisual
Creo que a fórmula desta experiencia do Curso de Medios Audiovisuais de Celanova de producir unha nova proposta creativa, neste caso audiovisual, partindo dun bo texto literario é unha grande idea, afirmou Anxo Lorenzo, quen tamén se referiu ás excelentes historias que conteñen as páxinas da literatura galega e que merecen estar na pantalla.
Segundo dixo, o guión desta miniserie de tres capítulos está baseado nun dos textos máis importantes da narrativa galega recente, que nos ofrece un conxunto de relatos dunha enorme forza narrativa e visual na propia escrita de Casares, polo que a escolla, arriscada pola dureza dos propios textos, é de seu suxestiva. Finalmente, afirmou que o exercicio case profesional que realizaron este grupo de xente moza, en adaptación libre, para contaren a súa propia historia, merece todo o noso aplauso.
A Agadic vén colaborando co Curso de Medios Audiovisuais de Celanova, que desenvolveu a súa duodécima edición o pasado mes de xullo no Auditorio Ilduara da vila ourensá. Durante catro días programáronse relatorios de destacados profesionais do sector, foros de debate, concertos e tres clases maxistrais de montaxe, composición e dirección de fotografía, así como a exhibición do traballo resultante da nova entrega do taller Celanova, plató de ficción, do que forma parte a miniserie Vento ferido.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.