
O mércores, 16 de setembro, ás 12,30h, no Museo Provincial de Lugo, preséntase a 37ª Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, promovida polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá.
Cóntase coa asistencia de representantes das institucións patrocinadoras: Deputación Provincial, Concello de Lugo, Xunta de Galicia e Universidade de Santiago - Campus de Lugo.
E, no mesmo acto, ábrese tamén ao público a exposición "Mercedes Cora", homenaxe á actriz nada en Castroverde, que tomou o seu nome artÃstico como homenaxe a esta familia lucense.
Máis información sobre a 37ª Semana de Cine de Lugo en:
http://www.fonmiña.es/es/xxxvii-semana-internacional-de-cine-de-autor/2015
O festival Play-Doc desenvolverá do 29 de abril ao 3 de maio en Tui a súa 22ª edición para conectar memoria, creación actual e futuro do cinema galego e internacional. No ámbito galego, a programación desta edición volve ocupar un lugar central cunha Competición Galicia que reúne tÃtulos de Xiana do Teixeiro, Roi Fernández, Xacio Baño, Adrián Canoura, Cristina Souto, Hugo Amoedo, Bea Lema, Berio Molina e Chloé Lecci López, entre outras voces. O festival mantén, ademais, a sección Sombras, dedicada nesta ocasión á recuperación da figura de Rafael Luca de Tena, e unha nova edición de Coming Soon, espazo no que se presentarán proxectos galegos en desenvolvemento. O Play-Doc continúa a reforzar a súa función de escaparate e plataforma de difusión para a produción audiovisual do paÃs e como punto de encontro para novas obras e profesionais.
O número de persoas en Galicia que le ocasional ou habitualmente na nosa lingua medra en case nove puntos ata acadar o 72 %, isto é, sete de cada dez galegos. Ademais deste incremento do 13 por cento na lectura ocasional ou habitualmente en galego con respecto ao ano anterior, o estudo de 2025 tamén revela a consolidación dunha Galicia lectora, reflectida no sindicadores que sinalan que o 96,5 % da poboación maior de 14 anos le en calquera medio e soporte, o que sitúa a nosa Comunidade nun 1,4% por enriba da media de España. Ademais, o 70 % destas lecturas son de libros.