
Os ensaios celébranse na súa sede da rúa Cruzamento, 5 de Lugo, os mércores e venres, desde as sete e media da tarde. Alí poden dirixirse os que gosten do canto e desexen integrarse nesta agrupación, na que nestes momentos se admitirán 2 tenores e 2 baixos-barítonos para completar o conxunto da agrupación, que xa supera os cincuenta membros.
Nova Directiva
Recentemente celebráronse eleccións para a Xunta Directiva da Agrupación,
que quedou formada por:
Presidente: Xulio Xiz
Vicepresidente: Jesús Conde
Secretaria.- Beatriz Enríquez Parga
Tesoreira.- María José Aguiar
Responsable do local social.- José Becerra
Responsable do vestiario.- Berta Abelairas
Responsable de arquivo-Cronista: Lois Xosé Pereira
Responsable de loxística: Emma SánchezVila
Asistente musical da dirección: Lupe Enríquez
O Director é Marcos Manuel Fernández Mosquera.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.