Notas de prensa

A XI Bienal Eixo Atlántico repartirá 7.500 euros en premios ás melloras obras de Galicia e Norte de Portugal

As obras seleccionadas conformarán a exposición, que se consolida entre as tres itinerantes máis importantes da península ibérica. Premiarán as mellores obras dos autores galegos e portugueses, así como ó mellor Novo Talento.

A organización transfronteiriza Eixo Atlántico repartirá 7.500 euros en premios ás mellores obras de Galicia e o Norte de Portugal que se presenten ó certame da súa XI Bienal de Pintura. Ademais, os gañadores verán a súa obra exposta na mostra de carácter itinerante que percorrerá parte das cidades da Eurorrexión, cun público potencial de sete millóns de persoas.

O primeiro galardón outorgarase á mellor obra do certame (3.000 euros), e os dous segundos á mellor obra de autor galego (1.500 euros) e á mellor obra de autor portugués (1.500 euros). Ademais, concederase o galardón ‘Novos Talentos Luso-Galaicos’ para novos artistas de idades comprendidas entre os 16 e 25 anos (1.500 euros).

Esta bienal, que naceu en 1995 para dar a coñecer a novos talentos e para axudar a visualizar de maneira periódica o estado da creación pictórica tanto de Galicia como do Norte de Portugal, consolidouse xa como unha do tres mostras de carácter itinerante máis importantes do norte peninsular.

Participantes

Esta nova convocatoria está aberta á participación de autores naturais ou residentes na Eurorrexión, coa condición de que concursen cun cadro orixinal e inédito, é dicir, que non presentasen a ningún outro certame.
Os interesados poderán formalizar a inscrición até o 28 de setembro. Pasado este prazo, un xurado formado por personalidades relacionadas co mundo da cultura e das artes plásticas de Galicia e Portugal, así como polo gañador da edición anterior, procederá a fallar os premios entre unha selección dun máximo de 30 obras, que constituirán o catálogo da XI Bienal.

O programa, un dos máis queridos e máis exitosos dos que puxo en marcha o Eixo Atlántico, non só fortaleceu os lazos artísticos entre Galicia e Norte de Portugal senón que actuou como xerador de actividade económica, tanto pola atracción de visitantes aos municipios que acollen a mostra como facilitando a inserción laboral dos novos talentos.

Na Bienal de Pintura colaboran co Eixo Atlántico, a Secretaría Xeral de Cultura e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, a Fundação dá Juventude e os municipios asociados ó Eixo.

Departamento Comunicación Eixo Atlántico, 2015-09-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma-galicia.jpg) O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
Foto de la tercera plana (womex-2026.jpg) A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.

Notas

A Universidade de Vigo acollerá os días 4, 5 e 6 de novembro a 5th European School on Environmental Applications of Advanced Oxidation Processes (5thEPS-AOPs), un encontro científico internacional que reunirá expertos, persoal investigador, estudantes de doutoramento e representantes do sector empresarial para abordar os últimos avances en tecnoloxías de descontaminación ambiental e tratamento sostible da auga.
A UDC pon en marcha InPacto, unha iniciativa que busca achegar a investigación de excelencia á cidadanía e fortalecer a conexión entre universidade, empresa e sociedade. Este programa reúne por primeira vez nun proxecto común ao persoal investigador Ramón y Cajal (R&C) da UDC para desenvolver unha programación de actividades de divulgación, transferencia de coñecemento e participación social.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES