Notas de prensa

O Concello de Tui organiza un espectáculo de flyboard no que poderán participar gratuitamente 26 persoas

Esta é a primeira vez que un concello de Galicia realiza un espectáculo de flyboard fluvial: trátase especificamente do aparato co que se practica este novo deporte acuático, conéctase e obtense a súa potencia por medio dun jetski (moto de auga), o cal ten como función darlle a propulsión debaixo e sobre a auga para sentir a sensación de voar sobre auga.

O Concello de Tui organiza este domingo unha actividade acuática de ocio no que 26 persoas poderán experimentar gratuitamente o flyboard. Durante toda a xornada do domingo 6 de setembro, especialistas da empresa Flyboard Vigo estarán na praia fluvial da Mariña de Tui, para darlle oportunidade ós 26 veciños que consigan unha das prazas que se asignen por sorteo, para probar a sensación de voar sobre a auga.

O flyboard trátase especificamente do aparato co que se practica este novo deporte acuático, conéctase e obtense a súa potencia por medio dun jetski (moto de auga), o cal ten como función darlle a propulsión debaixo e sobre a auga. Os practicantes conéctanse ó aparato por medio dunhas botas ou táboas, as cales dan o soporte necesario para dar o equilibrio pertinente e que consiga voar sobre a auga.

Esta é a primeira vez que un concello galego vai realizar flyboard nun río. Trátase dunha boa oportunidade para probar de xeito totalmente gratuíto unha modalidade deportiva orixinal, e que habitualmente ten un elevado custe para os participantes. Para obter unha das prazas e así poder gozar do flyboard, é preciso participar nun concurso que pon en marcha o Concello de Tui a través da Radio Municipal de Tui.

Desde o mércores 2 e até venres 4 de setembro, a Radio Municipal de Tui vai sortear 26 pases para practicar flyboard este domingo nas augas do río Miño. Participar é moi sinxelo. Dende a radio lanzarase unha serie de preguntas, e os interesados deberán achegar as súas respostas, chamando ó número de teléfono 986 60 70 55.

O participante deberá indicar o seu nome completo con apelidos, idade e DNI, xunto coa resposta, que será contabilizada por rigorosa orde. Cada día, dez minutos antes das 12 do mediodía, farase o sorteo en directo.
Os gañadores poderán desfrutar dun pase completo para practicar flyboard. Haberá 12 vales para mozos entre 12 e 18 anos e 14 para adultos, dende os 18 anos en diante. Os menores de idade deberán contar con autorización paterna. O horario da actividade dividirase entre mañá e tarde, de 11h. a 14h. e de 16h. a 19.30h. A partir das sete e media da tarde do domingo, membros de Flyboard Vigo realizarán unha exhibición. Lémbrase que os participantes deberán levar bañador e toalla.

Gabinete de Comunicación do Concello de Tui, 2015-09-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES