As bases elaboradas pola Concellería de Cultura establecen que pode concorrer calquera persoa que presente escritos inéditos da súa autoría redactados en lingua galega, de acordo coa normativa oficial vixente e cunha extensión mínima de 150 folios e máxima de 300 (mecanografados en letra Times New Roman de corpo 12 por unha soa cara e a dobre espazo). Os orixinais irán acompañado dun sobre pechado, que conterán os datos do autor e o título definitivo da súa obra, facendo constar no exterior, exclusivamente, o título ou lema da obra. O lugar de presentación será o Rexistro Xeral do Concello de Ourense (Praza Maior, 1), e o prazo de entrega remata o martes día 25 de setembro de 2015.
Dado o carácter narrativo dos textos, exclúense teses académicas ou traballos especificamente científicos, que teñen o seu ámbito propio no Premio Vicente Risco das Ciencias Sociais. O Xurado estará composto por cinco persoas escollidas entre recoñecidos persoeiros do mundo da literatura, entre elas o gañador da edición anterior, Pablo Rubén Jorge Eyré, mentres que a presidencia será exercida por unha persoa designada polo Concello de Ourense. Se o criterio do Xurado considerase que a calidade literaria das obras no fose abondo, o premio poderá declararse deserto.
Este concurso, que xa vai pola súa decimosexta edición, homenaxea un dos referentes da Xeración Nós, don Vicente Martínez-Risco,e tamén o seu fillo, Antón Martínez-Risco Fernández, ambos veciños de Ourense, e ten no seu palmarés nomes coma os de Xosé Carlos Caneiro, Xosé Luís Martínez Pereiro, Alberto Ramos, Hixinio Puentes ou Xosé Vázquez Pintor.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.