A publicación é única nas súas características en Galicia e referente mundial, que achega investigación, tradición, cultura e etnografía nunha mesma obra, dedicada integramente ao instrumento senlleiro de Galicia, que conta tamén con estudos sobre a gaita, ademais de colaboracións de expertos e traballos de ámbito histórico.
Rosendo Fernández dixo que o Anuario da Gaita é "froito do traballo que, de xeito firme e comprometido, realiza Xosé Lois Foxo para botar luz sobre a historia, a tradición e os usos da cornamusa, sen esquecer a proxección deste tradicional instrumento cara ao futuro". O vicepresidente da Deputación de Ourense afirmou que unha das liñas fundamentais da acción política dunha institución coma a Deputación de Ourense "é a de poñer en valor o propio e, dese xeito, contribuír á creación dunha identidade forte que permita posicionar a Ourense, dun xeito claro e diferenciado, nun mundo no que cada vez resulta máis complexo manter os sinais do propio sen que estes se dilúan no ámbito do global".
Manuel Doval como deputado de cultura e ademais, durante moito tempo, colaborador da Escola de Gaitas da Deputación de Ourense, destacou "o gran labor que fai a institución provincial en prol da cultura, editando libros moi importantes da nosa historia".
A Escola de Gaitas este ano está a celebrar o seu 30 aniversario onde ademais de aprender a tocar a gaita tamén importa o gran labor científico que realiza con esta publicación, asegurou Xosé Lois Foxo, e engadiu "a Escola de Gaitas ten a colección máis grande do mundo de cornamusas que atrae a moitos visitantes de distintas partes do mundo".
Esta publicación, así como outras actividades que se levan a cabo dende a Escola de Gaitas, "son para dignificar a este instrumento que se algo fai chorar aos galegos que están fóra é a gaita", concluíu Xosé Lois Foxo.
Pola súa banda, Manuel Rego destacou o gran labor que realiza a Real Banda de Gaitas como embaixadora de Ourense e de Galicia que "actuou ante Papas, Xefes de Estado e numerosas autoridades", levando a música galega por todos os recunchos do mundo.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.