Notas de prensa

A novena edición da carreira Coruña10 abre o seu prazo de inscrición

A proba popular por excelencia do trazado coruñés abre o seu prazo de inscrición. O vindeiro 11 de outubro terá lugar a Carreira Popular Coruña10, a máis célebre das carreiras da cidade e que este ano celebrará a súa novena edición cun novo circuíto urbano, homologado pola Real Federación Española de Atletismo, polo Paseo Marítimo coruñés. A proba atópase integrada entre as carreiras que conforman o III Circuíto de Carreiras Populares Deputación Provincial da Coruña.

As inscricións das e dos atletas faranse a través da páxina web da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.org ata o día 1 de outubro ás 23:59h e a cota da inscrición será de 10 € para as e os propietarios de chip amarelo, e 12 € para aquelas persoas que non dispoñan do chip. Coma vén sendo habitual, as e os menores tamén contarán coas súas probas. Nesta IX Carreira Popular Coruña10 poderán participar atletas da categoría benxamín (nacidos nos anos 2006/2007) até a categoría xuvenil (1998/1999).

A carreira, que ten un perfil practicamente chairo e por asfalto na súa totalidade, terá a súa saída na Avenida da Habana e a meta na Avenida Buenos Aires. As e os atletas populares percorrerán 10.000 metros polo Paseo Marítimo da enseada do Orzán, achegándose dun extremo a outro nas rotondas do Milleium e Torre de Hércules.

As primeiras persoas clasificadas na carreira Coruña10 obterán premios en metálico, e aquelas que batan o récord da proba tanto na categoría masculina (28:09) como na feminina (31:40) obterán un premio de 1.000 euros. O regulamento así como todos os servizos que ofrece Coruña10 poderán atoparse na web municipal www.coruna.es/carreraspopulares.

Concello da Coruña, 2015-08-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES