Notas de prensa

O Concello de Teo acolle os actos do III cabodano de Avelino Pousa Antelo

A Irmandade Avelino Pousa, a Irmandade Manuel María da Terra Chá e a Asociación Cultural Xermolos entregarán este xoves 20, no III cabodano da morte de Avelino o seu “Caxato” á Parroquia de Santa María de Arzúa. O Concello de Teo será o lugar no que comezarán os actos de lembranza. O alcalde e a concelleira de Cultura recibirán aos asistentes que este ano outorgan o “Caxato” á parroquia de Santa María de Arzúa como proxecto de construción social.

Na primeira parte do acto intervirán Navia Rivas de Castro e Sara Torreiro. Despois da lectura da acta de outorgamento e da propia entrega do premio tomarán a palabra o presidente da asociación parroquial e un membro da familia de Pousa.

A continuación os actos seguirán no paseo Avelino Pousa nos Verxeis. Alí haberá unha intervención musical a cargo de Raúl coa peza “O gaiteiro nubeiro”, e falarán Mini e Mero no nome dos asistentes e unha persoa da familia, pechando o acto a concelleira de Cultura de Teo, Pilar Faxil.

A xornada seguirá cun xantar de irmandade en San Xoán de Barcala (A Baña) e pola tarde en Negreira. No monólito en memoria de Pousa, á beira do CEIP O Coto de Negreira falarán Xoán Xosé Fernández Abella, Alfonso Blanco da AC Xermolos, Guillerme Vidal da AC Afonso Eanes, X. Amancio Liñares Giraut, e o alcalde de Negreira, Jorge Tuñas.

O Concello de Teo acolle a entrega do Caxato de Avelino, un recoñecemento que recibiu con moita estima o ano pasado, no II cabodano da morte de Avelino Pousa Antelo, fillo adoptivo de Teo.

Os actos contan coa colaboración do Concello de Teo, do Concello de Negreira e da asociación cultural Afonso Eanes de Barcala.

Concello de Teo, 2015-08-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (ensino-edixgal.jpg) Un total de 596 centros de Primaria e Secundaria de toda Galicia van participar o vindeiro curso no programa de ensino híbrido E-Dixgal. A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP incorpora á iniciativa, a petición dos centros, dous colexios e deciden saír outros tres, de xeito voluntario. En concreto, os centros de nova incorporación son os colexios CEIP de Castrelo de Miño (Castrelo de Miño, Ourense) e o CEIP de Valeixe (A Caniza, Pontevedra). No que atinxe ás renuncias, son as do CEIP de Zalaeta (A Coruña), CEIP Península da Paz (Cervo) e a do Instituto Martaguisela (O Barco).
Foto de la tercera plana (festival.jpg) Durante seis días do mes de setembro, a cidade de Vigo acollerá un ciclo de concertos único que reunirá diferentes xeracións, estilos musicais e públicos nunha contorna privilexiada: o peirao de transatlánticos do Porto de Vigo, un espazo aberto ao Atlántico e situado en pleno corazón da ría de Vigo. Son e Mar combina música, identidade cultural e experiencia colectiva nunha programación pensada para todos os públicos. Ao longo do ciclo, preto de 50 artistas pasarán polo escenario principal e espérase unha asistencia superior ás 35.000 persoas entre todos os eventos programados.

Notas

Galicia prepárase para acoller a edición máis expansiva do festival Pint of Science, que este ano se celebrará de xeito simultáneo en 14 localidades galegas do 18 ao 20 de maio. O evento, que busca sacar a ciencia dos laboratorios e levala ao ambiente distendido dos bares, marca un fito en 2026 ao consolidar a súa presenza tanto nas sete grandes cidades como en concellos do rural e vilas de toda a xeografía galega.
Este mes de maio o campus de Ourense acolle a celebración dun ciclo dedicado a Edgar Neville, 'unha das figuras máis singulares e poliédricas do cinema español'. A iniciativa, froito da colaboración da Vicerreitoría do campus e o Ourense Film Festival (OUFF), está composta por catro proxeccións, unha cada xoves de mes, de obras cinematográficas deste autor, cuxa produción abrangue dende o fantástico ata a comedia costumista.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES