
Minutos despois de ser aprobada polo pleno da corporación provincial a modificación do convenio co Club Ourense Baloncesto (COB) para o uso do Pazo dos Deportes Paco Paz -acordo que amplía cincuenta anos máis a utilización destas instalacións deportivas, estendendo a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2070-, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o presidente do Consello de Administración do COB, Antonio Gavilanes, asinaron o dito convenio de colaboración, no que se explicita que con data do 29 de novembro de 2010 a Deputación e o COB subscribiron un convenio de colaboración para o uso das instalacións do Paco Paz por un período de 10 anos, vixente ata o 31 de decembro de 2020. Tras acadar o ascenso á Liga ACB por méritos deportivos o club solicitou a ampliación da vixencia do citado convenio por un prazo de 50 anos, ata o 31 de decembro de 2070, ampliación que foi autorizada polo pleno da Deputación de Ourense.
Desta maneira, Manuel Baltar e Antonio Gavilanes subscribiron hoxe a adenda ao convenio de colaboración do 29 de novembro de 2010, na que se establece que o período de vixencia do convenio sexa por un prazo de 60 anos, contados a partir do 1 de xaneiro de 2011 e ata o 31 de decembro de 2070.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.