
A Xunta de Galicia quere expresar o seu máis profundo pesar polo pasamento do piloto galego Daniel Rivas e do valenciano Bernat Martínez. Ámbolos dous motoristas perderon a vida na madrugada do 20 de xullo nun accidente múltiple no circuíto californiano de Laguna Seca (EE.UU) durante unha proba do Campionato MotoAmérica de Superbike/Superstock 1000.
Ante este tráxico suceso, o Goberno galego traslada todo o seu apoio e agarimo aos familiares e amigos dos mozos falecidos e pon en valor a contribución ao deporte de Rivas e de Martínez.
Daniel Rivas, un moañés internacional
Daniel Rivas, nacido en Moaña o 13 de marzo de 1988, era un habitual deste tipo de probas e recentemente xa participara en campionatos internacionais. De feito, a súa paixón polo motociclismo levouno a competir en eventos de renome como o Campionato Europeo de Superstock 600, a Copa do Mundo de Superstock 1000 e o Campionato do Mundo de Moto2.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.