
UxÃa e Fran Pérez ‘NarfÂ’ son os encargados de abrir o mércores 10 de xuño a programación musical que se desenvolve no Salón Teatro de Santiago de Compostela, onde estrearán en directo os temas de ‘Baladas da Galiza imaxinariaÂ’, o seu primeiro disco conxunto. Tras este concerto, o espazo da ConsellerÃa de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acollerá outras dúas actuacións musicais: a do Roberto Sobrado Grupo o xoves 11 e a de Carmen Boza o venres 12. As tres citas serán ás 21.00 horas.
UxÃa e Narf subiranse a este escenario compostelán dentro do ciclo SonsÂ’15, promovido polo Concello de Santiago, para lle achegar ao público o resultado desta colaboración, que xorde a raÃz dunha xira sudamericana que compartiron na primavera de 2014. Agora, estes dous grandes da música de Galicia funden os seus respectivos repertorios e presentan varios temas novos nun espectáculo intimista, no que todas as cancións teñen detrás unha historia relacionada cunha viaxe, cun encontro ou cunha experiencia vivida a través da música.
Homenaxe a Os Resentidos
O xoves 11 será a quenda para a presentación doutro novo disco galego, ‘Atlas de anatomÃaÂ’, o quinto do intérprete e compositor Roberto Sobrado, quen para este concerto contará cunha banda reforzada por varios artistas convidados. Entre eles, atoparanse moitos dos músicos de Os Resentidos, tanto da antiga como da última formación, de xeito que tamén haberá lugar para unha pequena homenaxe á banda viguesa dos oitenta.
Asà mesmo, Carlos Blanco, Abe Rábade, Xosé Constela ou O Leo e Arremecághona, entre outros artistas, compartirán escenario con Roberto Sobrado neste concerto especial, que será gravado coa previsión dunha posterior publicación en liña.
A terceira cita musical da semana no Salón Teatro virá tamén da man do Concello de Santiago como parte do seu ciclo Ãntimo&Acústico. O venres 12 a cantautora gaditana Carmen Boza ofrecerá en Santiago unha das últimas actuacións da súa xira estatal con ‘La mansión de los espejosÂ’, o seu disco de debut, que foi financiado a través dunha campaña de micromecenado e co que se situou entre os traballos máis vendidos en iTunes.
Venda de entradas
As entradas para estes tres concertos están xa á venda a través do web entradas.abanca.com e do teléfono 902 434 443, asà como na billeteira do Teatro Principal, aberta ao público de 18.00 a 21.00 horas. No despacho de billetes do Salón Teatro, poderán adquirirse desde dúas horas antes do comezo das actuacións.
A programación da semana na sede do Centro Dramático Galego completarase coa estrea de ‘Solo ante la Peligros’, o novo espectáculo do Grupo de Teatro de Down Compostela, baixo a dirección de Lucas Herrador. As funcións terán lugar o sábado 13 e o domingo 14, ás 20.00 horas, e os convites poderán retirarse na billeteira do Salón Teatro a partir das 18.00 horas.
O xornalista galego de elDiario.es José Precedo, que defendeu o dereito ao segredo xornalÃstico ante o Tribunal Supremo, é o gañador do XXII Premio Xornalistas de Liberdade de Prensa, convocado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia coa colaboración do Concello de Pontevedra. Precedo recibirá o premio en Pontevedra o vindeiro 9 de maio na Casa Consistorial. A sala de prensa do Concello de Pontevedra acolleu o anuncio da candidatura gañadora da vixésimo primeira edición do Premio Xornalistas de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia coa colaboración do Concello de Pontevedra. O acto contou coa presenza do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, a decana do Colexio Belén Leal e o secretario do premio DarÃo Janeiro.
Esta edición do Encontro de Artes Novas contará coa participación de talentos recoñecidos como a escritora, comisaria e podcaster Sonia Fernández Pan, que realiza desde 2021 a serie de podcasts The Tale and The Tongue co Instituto de Arte, Xénero e Natureza da Escola Superior de Deseño e Arte de Basilea. Ou a dupla artÃstica Clo-Plas, unha proposta sonora única e radical da poeta e xornalista Xiana Arias e o artista e investigador Berio Molina, que fusionan versos e electro-pop minimalista coa oralidade popular da Fonsagrada. O programa inclúe tamén cunha conversa co profesor e investigador en FilosofÃa da TecnoloxÃa, Pablo Sanguinetti, autor do libro Tecnohumanismo. Por un diseño narrativo y estético de la inteligencia artificial e de numerosos artigos académicos e divulgativos sobre a intersección entre tecnoloxÃa, humanidades e creatividade.