Notas de prensa

Preséntase no recinto de As Burgas o 48º Rallye Ourense

Na contorna termal das Burgas, onde tivo lugar o acto de presentación, o presidente da Deputación de Ourense Manuel Baltar destacou "o impacto mediático e de promoción turística que ten para a provincia o Rally Ourense Termal, polo que supón de dinamización dos concellos polos que discorre a proba, integrados nesa Ribeira Sacra que loita pola distinción de Patrimonio da Humanidade".

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou na presentación da 48ª edición do Rally de Ourense unha das probas automobilísticas máis importantes do calendario nacional, na que colabora a institución provincial e que se celebrará os días 12 e 13 de xuño percorrendo o Canón do Sil, San Pedro de Rocas, A Peroxa e Toén, nun total de 605 quilómetros, dos cales 210 corresponden a tramos cronometrados.

Na contorna termal das Burgas, onde tivo lugar o acto de presentación, Manuel Baltar destacou "o impacto mediático e de promoción turística que ten para a nosa provincia o Rally Ourense Termal, polo que supón de dinamización dos concellos polos que discorre a proba, integrados nesa Ribeira Sacra pola que estamos a traballar para conseguir a distinción de Patrimonio da Humanidade, un rally no que tamén estamos a falar de economía, de retorno, acreditado polo estudo realizado ao efecto no Campus de Ourense, que reflicte que nos días en que se desenvolve a proba xérase unha actividade económica importante".

O presidente do goberno provincial subliñou que dende a Deputación "temos claro que hai que seguir apostando polo Rally de Ourense e recoñecemos o excelente traballo que realiza Escudería Ourense, acreditando esa experiencia de xestión sempre modélica". A institución provincial –afirmou Baltar- acredita seu apoio a esta proba por medio dunha subvención nominativa específica que ten garantida para os próximos catro anos".

Manuel Baltar felicitou aos organizadores "e ás máis de 500 persoas que altruistamente colaboran para que esta proba siga sendo un referente no mundo do motor, unha marca de identidade para o deporte de elite e tamén para a nosa provincia", e rematou a súa intervención desexando "un éxito que xa está garantido" e que "afeccionados e deportistas gocen con esta senlleira proba".

Manuel Baltar participou no acto de presentación xunto ao presidente de Escudería Ourense, Antonio Fernández; o alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e o secretario xeral para do Deporte, José Ramón Lete acompañados por membros da organización e outros representantes empresariais e institucionais.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense, 2015-05-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES