
A Escola rematou as celebracións relativas ao Día das Letras Galegas cun acto literario dedicado ao polígrafo pontevedrés Xosé Filgueira Valverde, ao que asistiron Sonia Rodríguez-Campos, directora da EGAP; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; e Luis González Tosar, profesor, escritor e presidente do PEN Club de Galicia.
Este acto foi presidido pola directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, a cal fixo referencia á relevancia do homenaxeado, cualificando Filgueira Valverde como un dos intelectuais galegos máis destacados e como un grande promotor de actividades culturais en todos os campos posibles, o que lle permitiu deixar un gran legado que nos permite entender mellor o mundo e a cultura da que provimos.
Ademais, Rodríguez-Campos resaltou a intensa actividade do homenaxeado na creación e dirección de institucións que foron e seguen a ser un referente no estudo da cultura da nosa terra, como o Seminario de Estudos Galegos, do que foi director, ou o Museo de Pontevedra, do cal foi fundador.
Filgueira Valverde, derradeiro polígrafo
No acto tamén participou Valentín García, que salientou o esforzo realizado pola EGAP na promoción da cultura e a lingua galegas tanto a través de actos como o de hoxe como mediante unha formación continua integramente en galego. O secretario xeral destacou a figura do homenaxeado polas Letras Galegas como gran polígrafo de ampla e variada produción. Filgueira afondou na historia, na música, na antropoloxía, na lingua, na literatura... e en todos estes campos do saber fixo achegas relevantes para o autocoñecemento dos galegos e para a posta en valor da nosa cultura. E se o fixo como investigador e como escritor, tamén o fixo desde os seus cargos e responsabilidades públicas, sinalou.
Finalmente, o profesor Luís González Tosar ofreceu aos asistentes un relatorio sobre a vida de Filgueira Valverde, destacando as súas facetas investigadora, cultural e política.
Xeira cultural
A celebración do Día das Letras Galegas comezou o 17 de maio, na Escola Galega de Administración Pública coa realización dunha visita aos lugares máis representativos da vida e obra do autor homenaxeado, que foi guiada por Felipe-Senén López, historiador da arte e arqueólogo. Durante esa xornada os asistentes coñeceron a Finca de Lourizán, os petróglifos de Mogor, o castelo de Soutomaior, o Museo de Pontevedra e o Mosteiro de Armenteira.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.