O Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela acolleu a presentación da primeira edición do CircuÃto de Golf dos Paradores de Galicia. O acto contou coa participación da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, a presidenta de Galicia Destino Golf, Marisa Barandiarán, e o director do Parador de Santo Estevo, Santiago Carrera.
Durante a presentación a directora de Turismo de Galicia destacou que o deporte asociado ao turismo enriquece a experiencia dos que nos visitan e lles axuda a coñecer de preto algunhas das paisaxes máis espectaculares do destino. “A práctica do golf en Galicia incentiva o contacto coa natureza, primeira motivación pola que os turistas e viaxeiros elixen Galicia como destino, xa que os nosos campos de golf están totalmente integrados na natureza e na paisaxe”, afirmou Nava Castro.
A responsable de Turismo da Xunta sinalou que o feito de potenciar o turismo de golf na nosa comunidade enriquece a oferta turÃstica e contribúe á captación de novos segmentos, consolidando a nosa comunidade como un destino experiencial.
Nava Castro explicou que un dos plans de acción recollidos no Plan Integral de Turismo de Galicia céntrase no desenvolvemento de produtos turÃsticos especializados dirixidos a segmentos de público especÃfico. Neste senso, sinalou diversas iniciativas recollidas no mesmo encamiñadas á promoción, á captación de turistas e ao establecemento de sinerxÃas con operadores nacionais e internacionais especializados no Turismo de Golf.
Asà mesmo, Nava Castro resaltou que a práctica do golf na nosa comunidade se pode combinar con outros grandes atractivos galegos, como o termalismo e a enogastronomÃa, o que, segundo afirmou, “supón un valor engadido para todos aqueles que queiran gozar da práctica deportiva do golf”.
A directora de Turismo de Galicia concluÃu asegurando que este novo circuÃto nos Paradores de Galicia é unha iniciativa única que posicionará a nosa Comunidade como destino ideal para os xogadores de golf. “Os participantes poderán gozar do deporte nun entorno único e comprobar que Galicia é o mellor destino para combinar a práctica deportiva, a enoloxÃa, a gastronomÃa e a actividade cultural nun contorno paisaxÃstico inigualable”, afirmou.
Innovador e atractivo circuÃto
Este innovador e atractivo circuÃto ofrece por primeira vez a posibilidade de combinar a práctica do golf con estancias nos Paradores de Baiona, Tui, Cambados, Pontevedra, Santiago, Santo Estevo e Monforte.
Esta primeira edición conta con cinco torneos clasificatorios, que se celebrarán nos campos do Real Aeroclub de Santiago -16 de maio-, Real Aeroclub de Vigo -19 de maio-, Golf RÃa de Vigo -6 de xuño-, Montealegre Club de Golf -20 de xuño- e Montecastrove Meis -4 de xullo-, onde disputarase tamén a final -20 de xullo- onde participarán os 20 mellores xogadores dos torneos previos.
Os premios para os gañadores do circuÃto serán estancias en diversos Paradores da rede nacional.
Ademais, co motivo do circuÃto, durante as datas de celebración do mesmo, Paradores ofertará paquetes especiais de aloxamento e almorzo nos establecementos galegos participantes.
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañÃas galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos tÃteres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e TÃteres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.