Notas de prensa

Cultura convida aos escolares a participar no certame de narración e debuxo infantil das Letras Galegas 2015

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria invita aos escolares da provincia de Lugo a participar no Certame de narración e debuxo infantil con motivo do Día das Letras Galegas, destinado a escolares de ata 16 anos e que organiza a Biblioteca Nodal en coordinación con máis dunha vintena de bibliotecas públicas da provincia.

Os traballos deberán versar en torno ao lema “Da ciencia á ficción”, e o prazo para presentalos remata o venres, 8 de maio. Os interesados poden entregar todos os traballos que desexen, na modalidade de debuxo, na de redacción ou en ambas. Cada biblioteca elixirá aos gañadores da fase local, que competirán na fase provincial que se dirimirá na Biblioteca Nodal de Lugo.

Esta será unha das citas máis salientables do programa de actividades da Biblioteca Nodal para este mes, no que estará tamén presente na Feira do Libro de Lugo ademais de manter a súa actividade habitual no centro para nenos a adultos.

Así, entre os días 25 e 26 de maio haberá un curso de alfabetización dixital para adultos, onde se explicarán nocións básicas sobre o entorno Windows e o procesador de textos.

A programación infantil comeza este venres con Palma, repalma, para bebés de 0 a 3 anos. O venres 15 de maio terá lugar o obradoiro Imos xogar con Xosé Filgueira Valverde, para nenos e nenas de 4 a 12 anos. Por medio dun divertido xogo por equipos, os participantes descubrirán a orixe e significado do Día das Letras Galegas, achegándose á obra do autor homenaxeado nese día, Xosé Filgueira Valverde.

O día 22 de maio, a ludoteca acollerá as Aventuras na cociña, para nenos e nenas de 3 a 8 anos, un contacontos teatral para promover hábitos saudables na alimentación e fomentar o uso da biblioteca e a lectura. Pecha a programación infantil, o 29 de maio, Rás! Contos batracios, para escolares de 4 a 9 anos. Todas as actividades comezan ás seis da tarde e é necesario apuntarse previamente.

Polo que respecta ás exposicións, ao longo do mes permanecerá a mostra dos alumnos de grabado e técnicas de estampación da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, así como mostras bibliográficas sobre Xosé Filgueira Valverde e Ramón Piñeiro e as tituladas Libros esquecidos, Como aprobar un exame? e Como levas iso de comer?


Gabinete de Comunicación da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, 2015-05-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Una ducia de proxeccións e cinco persoas convidadas conforman o menú da 34ª edición da Semana de Cine Submarino da UVigo, que se celebrará entre os días 3 ao 5 de novembro no auditorio da Afundación. Producións internacionais e nacionais volverán encher de público o auditorio vigués, que acollerá nunha sesión matinal a centos de escolares da provincia, e que poderá somerxerse nas profundidades das augas das Maldivas, do Caribe ou da costa norte galega.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES