Notas de prensa

O director do Festival Internacional de Cine de San Sebastián reúnese con empresas audiovisuais galegas

José Luis Rebordinos, que foi presentado polo director da Agadic, ofreceu unha charla-coloquio sobre as claves e oportunidades que brinda o certame donostiarra e mantivo reunións individuais. O encontro desenvolveuse na sede do CGAI como parte do programa formativo Galicia ProFilme.

O director do Festival Internacional de Cine de San Sebastián, José Luis Rebordinos, reuniuse na Coruña con representantes das principais empresas e asociacións audiovisuais galegas, no marco do programa formativo Galicia ProFilme organizado no CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe) pola Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais).

O director da Agadic, Jacobo Sutil, acompañou o protagonista da xornada, que onte presentou tamén na filmoteca galega ‘Magical Girl’, a película de Carlos Vermut galardoada coa Cuncha de Ouro na última edición do certame donostiarra. Baixo o título ‘Festival de San Sebastián: claves e oportunidades’, Rebordinos explicoulles brevemente aos presentes as posibilidades de promoción e de encontro con promotores que lles pode ofrecer aos traballos galegos o festival que dirixe desde hai máis de catro anos.

Despois desta charla-coloquio, que contou cunha activa participación dos presentes, José Luis Rebordinos mantivo xuntanzas individuais co obxectivo de abordar as cuestións particulares de cada asistente dun xeito máis concreto.

O Festival Internacional de Cine de San Sebastián inclúe distintos eventos e sesións de ‘pitching’ dirixidas ao intercambio profesional para a posta en marcha de proxectos conxuntos e para favorecer o seu financiamento ou comercialización, tales como ‘The Industry Club’, o Foro de Coprodución Europa-América Latina ou a canle de cooperación aberta co festival de Cannes para a presenza europea no Ventana Sur de Bos Aires.

Licenciado en Pedagoxía Especial, José Luis Rebordinos leva sendo director da Unidade de Cine de Donostia Kultura durante os últimos 22 anos. Tamén foi director durante 21 anos da Semana de Cine Fantástico e de Terror e durante oito, do Festival de Cine e Dereitos Humanos de San Sebastián. Dirixe a colección de libros Nosferatu e é coautor de diferentes volumes sobre cineastas vascos, cine asiático e outros temas. Antes de pasar a ocupar o cargo de director do Festival de Cine de San Sebastián o 1 de xaneiro de 2011, formou parte do seu Comité de Dirección durante 15 anos.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-05-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Una ducia de proxeccións e cinco persoas convidadas conforman o menú da 34ª edición da Semana de Cine Submarino da UVigo, que se celebrará entre os días 3 ao 5 de novembro no auditorio da Afundación. Producións internacionais e nacionais volverán encher de público o auditorio vigués, que acollerá nunha sesión matinal a centos de escolares da provincia, e que poderá somerxerse nas profundidades das augas das Maldivas, do Caribe ou da costa norte galega.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES